Presentación en Vigo do libro “Rebeldía galega contra a inxustiza” na librería Cartabón

Por o 21/05/2018 | Sección: Cultura,Eventos,Galicia,Vigo
Presentación en Vigo do libro “Rebeldía galega contra a inxustiza” na librería Cartabón
Compartir en:
A AC O Castro presenta o libro Rebeldía galega contra a inxustiza: Salcedo, Oseira, Nebra, Transancos, Sofán e Sobredo, volume que fai memoria histórica das protestas e revoltas que se sucederon entre os séculos XIX e XX no campo galego.
Rebeldía galega contra a inxustiza: Salcedo, Oseira, Nebra, Trasancos, Sofán e Sobredo é o primeiro dos monográficos, que coincide cos acontecementos de Trasancos (marzo de 1918), unha data que a día de hoxe se está a conmemorar desde o asociacionismo cultural de Ferrol. O caderno fai un percorrido polos masacres máis significativos. Comeza con “As mortes no Campo da Porta”, sobre os feitos decorridos en 1894 na parroquia pontevedresa de Salcedo e asinado polo historiador Xosé Álvarez Castro; continúa con “Que se vaian todos! Conflito, loita e morte en Oseira”, do investigador Xosé Ramón Ermida Meilán, que fala do masacre de 1909 e con “Os mártires de Nebra: cans, 1916”, do historiador Eliseo Fernández.

Tamén recolle “Transancos, marzo 1918: revolta popular coas mulleres na vangarda”, un traballo asinado polo historiador Francisco Rodríguez Sánchez;  “As mártires de Sofán. Algo máis que atavismo”, do historiador Xan Fraga, e “Sobredo: paz, xustiza e traballo”, de Xosé Manuel Suárez Estévez, historiador e membro do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo. Fechan o monográfico o investigador Antón Capelán Rei, que afonda na repercusión que todos estes sucesos tiveron no ámbito literario e artístico, onde destacaron, polos seus traballos, Ramón Cabanillas e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, e a historiadora Lucía Veciño Souto, cunha peza sobre o papel das mulleres nas revoltas agrarias.

A presentación contará

  • Falarán: Elsa Quintas Alborés (AC O Castro)
  • Francisco Rodríguez Sanchez (coautor da publicación)
  • Xosé Manuel Suárez (coautor da publicación)

Onde e hora

Librería Cartabón ás 20h