Presentación na casa del Libro do libro “UXÍA COÑECE Á SÚA TÍA”

Publicado por o día 07/05/2015 na sección de Cultura

Presentación na casa del Libro do libro “UXÍA COÑECE Á SÚA TÍA”

Este día 7 de maio présentase na Casa del Libro ás 20:00 horas o libro de Uxía coñece á súa tía, de Pablo Morell, editado pola EDITORIAL TRYMAR. No acto estarán presentes o autor, a súa editora dona Ana Castro Antonio e a célebre escritora dona Eva del Pozo, autora de La fantasma de Meirás. Prégase asistencia acompañado de empanadas e viño.

TEXTO DA CONTRAPORTADA:

“Uxía coñece á súa tía é o primeiro libro da colección de Uxía.

Uxía é unha nena como todas as demáis. Quere crecer e quere seguir xogando, quere facer o que lle pete e quere que lle fagan caso, quere ser como os seus pais e sen querer os volver tolos porque consegue ser como os seus pais.

Xunto co seu irmán Brais e a súa amiga Alba deciden facerlle a vida imposible á súa “tía peluda”, pero as cousas nunca saen como unha as planea, aínda que as planee un xenio como Uxía”.

O LIBRO:

“Uxía coñece á súa tía” é obra de Pablo Morell. A intención do autor foi crear unha obra non didáctica nin pedagóxica, en galego e para nenos e nenas. Un libro que so servise para divertirse, sen mensaxe nin exemplos moralizantes. Unha obra pouco recomendable para os pais pero que guste ós seus fillos e fillas.

Para isto crea unha personaxe completamente amoral, que pasa do sublime ó bocalán sen solución de continuidade, que considera ó mundo un escenario creado para desenvolver os seus plans e ás persoas ós actores obrigados a actuar conforme ela necesita en cada momento. Uxía é unha nena egoísta e manipuladora como son todas as nenas, ou, polo menos, como intentan selo.

Vive cos seus pais, que tratan de dar resposta ás súas preguntas sen lle dar demasiados consellos, co seu irmán Brais, ó que todo o mundo quere e ó que todo o mundo fai de menos ó mesmo tempo debido ó seu síndrome de Down, e a súa mellor amiga Alba, que lle pon en fronte o espello do absurdo dos seus plans.

Uxía tenta encher un baleiro no panorama editorial galego. Mentras que os lectores no resto do Estado son principalmente mulleres, que son atraídas á lectura dende pequenas con multitude de títulos atraíntes, en Galicia, aínda non teñen unha ampla oferta abertamente feminina de afianzamento lector. Diríase que as galegas están condeadas a retomalas lectura na súa lingua a partir dos dazaoito anos despois de desfrutala na súa nenez.

Neste senso Uxía ofrece o primeiro de moitos libros en galego para nenas de oito a doce anos, coa idea de crecer coas súas lectoras, de madurar e aprender que o mundo é ese lugar marabilloso onde levarnos a contraria pode ser un pracer.

O AUTOR:

Pablo Morell ten escrito anteriormente algunhas obras infantís relacionadas co Camiño de Santiago e biografías para nenos e nenas de autores galegos. Actualmente traballa na EDITORIAL TRYMAR como coordinador da súa colección infantil ALVARELLIÑOS, cuio nome nome homenaxea a Leandro Carré Alvarellos, autor da obra “Leyendas Tradicionales Gallegas” y creador de la editorial Alvarellos.

PRENSA EDITORIAL TRYMAR