Presentan un escrito ante a fiscalía pola situación da ciruxía pediátrica en Ourense

Publicado por o día 05/07/2017 na sección de Galicia,Ourense,Sanidad

Presentan un escrito ante a fiscalía pola situación da ciruxía pediátrica en Ourense

A Plataforma SOS Sanidade Pública realizo onte unha roda de prensa na porta do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, na que participou o portavoz, Anxo Pérez, acompañado de representantes de En Marea, PSdeG e BNG.

Na mesma , anunciou que o a Plataforma poñerá esta semana en coñecemento da Fiscalía esta situación  ao entender que pode ser motivo de lícito penal, o desmantelamento do servizo de Cirurxía Pediátrica , asegurando que a presenza dun único ciruxan impide realizar operacións, xa que é necesario un mínimo de dous para levalas a cabo.

Para SOS Sanidade Pública esta situación é un acto premeditado da xerencia do CHOU para non facer atractivo o servizo para ciruxáns desta especialidade

Fai sete anos había catro ciruxanos e era o servizo máis rendible de Galicia. Con todo a decisión da Consellería conduciu a esta situación de deterioro, pola súa falta de investimento en medios humanos