Preséntase a Declaración de Cádiz para reclamar maior compromiso público coa transparencia

O III Congreso Internacional de Transparencia péchase coa sinatura da Declaración de Cádiz, na que unha trintena de entidades reclaman á administración compromiso coa transparencia e os órganos de garantía.

Con motivo da celebración do III Congreso Internacional de Transparencia, e co fin de conmemorar o Día Internacional do Dereito a Saber o pasado 28 de setembro deuse a coñecer a Declaración de Cádiz, un documento elaborado por máis de trinta entidades, organizadas na Rede de Consellos e Comisionados de Transparencia, que reclama aos poderes públicos un “compromiso decidido na implantación e éxito da nova cultura da transparencia”.

A declaración lembra que a Lei de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno “sentou as bases dun novo modelo de gobernanza pública en España” e que unha das “pezas clave” deste novo modelo “é a creación de órganos de garantía de natureza independente”, un camiño que se comezou hai tres anos coa creación do Consello de Transparencia e Bo Goberno e cos comisionados das comunidades autónomas como a Comisión de Transparencia de Galicia.

Porén, tamén salientan os problemas aos que se enfronta a transparencia, fundamentalemte “a falta de recursos económicos e, en consecuencia, materiais e personais” destes órganos de garantía. Por todo iso, reclaman das institucións un “apoio explícito” á transparencia, a consagración do dereito de acceso como dereito fundamental, a dotación de medios suficientes para os órganos de garantía, o desenvolvemento efectivo da potestade sancionadora, melloras no procedemento de acceso e na concreción dos límites e a unificación dos réximes de acceso, “desenvolvendo unha xestión documental e de arquivos moderna que sirva como vehículo de todos estes cambios”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM