Presente e futuro da cultura galega

Publicado por o día 16/05/2014 na sección de Compromiso por Galicia,Política

Presente e futuro da cultura galega

Este sábado pola mañá celebrase en Vigo ás nosas letras e a nosa cultura cun debate ao ar libre na Praza de Compostela ás 13:00 (enfronte de Correos).

 O debate “Presente e futuro da cultura galega” será moderado por Inma López Silva e tratará de valorar a situación actual da cultura galega e os mellores xeitos de fortalecela.

lingua

 Intervirán as seguintes persoas:

– Inma López Silva  (Escritora e crítica teatral, profesora na ESAD de Galicia),

– Dolores Vilavedra  (Profesora de Literatura Galega na USC),

–  Amparo Solla  (Profesora de Literatura Galega na UVigo),

–  Rosendo Salvado (Director do Museo Verbum de Vigo),

– Craig Patterson (Tradutor e investigador da cultura galega)

–  Xoán Bernárdez Vilar (Escritor e académico da RAG).