Presenza dun individuo que roldaba unha cafetería da zona do Calvario en actitude sospeitosa

Publicado por o día 10/06/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Presenza dun individuo que roldaba unha cafetería da zona do Calvario en actitude sospeitosa

O domingo ás 21:00 horas unha Patrulla desta Policía Local de Vigo realizando labores de seguridade cidadá foron advertidos por particular sobre a presenza dun individuo que roldaba unha cafetería da zona do Calvario en actitude sospeitosa.
 
Trasladados ao lugar e en atención á descrición facilitada proceden á identificación do citado que nun primeiro momento, verbalmente facilita soamente un nome, sen ser capaz de dar máis datos.
 
En virtude a isto informóuselle que de non facilitar os seus datos fidedignamente procederíase ao seu traslado a comisaría para proceder á súa plena identificación, ante o cal dixo ser B.D.M, nado e domiciliado en Vigo de 19 anos de idade.
 
En virtude a esta conduta procedeuse ao cotexo de datos mediante a base telemática pescudando que lle constaba unha orde de procura detención e comparecencia, así como unha investigación de domicilio e paradoiro por persoa desaparecida, ao ser requirido pola autoridade xudicial competente a comparecer ante a mesma e non facelo.
 
Motivos polos cales os Axentes procederon á súa inmediata detención en atención ás ordes anteriormente mencionadas.