Prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020

Publicado por o día 22/01/2020 na sección de A Guarda,Galicia

Prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que dende o día 21 de xaneiro está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020.

Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 01 de xaneiro de 2017 e 31 de decembro de 2017 (inclusive) e   non  tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2018, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.

O prazo para a presentación das solicitudes  rematará o día 10 de marzo del 2020.

Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. O horario de atención é de  9:00 a 13:00h, os luns, mércores e xoves. Teléfono 986 61 0000 ext.4020