Preto de 1.500 persoas incorpóranse á bolsa de emprego temporal para traballar na Xunta de Galicia

Das 1.481 solicitudes admitidas, 1.076 son para a contratación de persoal laboral temporal e 405 para interinos
Publicado por o d√≠a 20/12/2017 na sección de Emprego,Xunta de Galicia

Preto de 1.500 persoas incorpóranse á bolsa de emprego temporal para traballar na Xunta de Galicia

A bolsa de emprego temporal para traballar na Xunta de Galicia v√©n de incorporar 1.481 novas persoas admitidas, segundo figura nas¬†listas¬†para o desempe√Īo transitorio de postos de persoal funcionario e para a contrataci√≥n temporal de persoal laboral, publicadas hoxe no¬†Diario Oficial de Galicia¬†(DOG).

Das case 1.500 solicitudes admitidas, 405 correspóndense con listas elaboradas para o nomeamento de funcionarios interinos dos distintos corpos, escalas e especialidades da Comunidade Autónoma de Galicia, e as outras 1.076 con listas abertas para a contratación de persoal laboral temporal en distintas categorías profesionais.

No que se refire √°s listaxes destinadas √° cobertura temporal de postos de traballo mediante o nomeamento de persoal funcionario interino, o maior n√ļmero de persoas admitidas (143) concentrouse na lista para realizar substituci√≥ns no corpo auxiliar (subgrupo C2).

Por outra parte, as listas para a contrataci√≥n de persoal laboral cun maior n√ļmero de solicitudes admitidas foron as de auxiliar sanitario (grupo IV-003), con 500 novas persoas inscritas, e a de axudantes t√©cnicos sanitarios (grupo II-002), con 136 persoas.

A orde na que aparecerán os aspirantes nas listas dependerá fundamentalmente do esforzo realizado e da experiencia, e dicir que se situarán nos primeiros postos de contratación aqueles que obtiveran as maiores puntuacións en oposicións convocadas pola Xunta e que demostren maior experiencia profesional adquirida por contratos anteriores.

Consultas

As listaxes entrar√°n en vigor ma√Ī√° e poder√°n consultarse no portal web corporativo da Xunta,¬†http://funcionpublica.xunta.gal, no apartado de listas de contrataci√≥n, as√≠ como no servizo de atenci√≥n e informaci√≥n √° cidadan√≠a a trav√©s do tel√©fono 012, no servizo de informaci√≥n dos edificios administrativos e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.¬†