Preto de 1.000 nenos visitarán Aqualia este curso escolar

Publicado por o día 10/11/2015 na sección de Vigo

Preto de 1.000 nenos visitarán Aqualia este curso escolar

A empresa recibe esta semana as primeiras visita do novo curso escolar

Aqualia recibiu o pasado curso un 80% máis de alumnos que o anterior

A valoración xeral dos colexios ás visitas é dun 8,6

Un grupo de 40 escolares do Colexio Frián de Vigo foi o encargado de inaugurar onte o período de portas abertas que Aqualia realiza aos distintos centros docentes da cidade. Trátase dunha iniciativa que a empresa concesionaria do Servizo Municipal de Augas de Vigo realiza co obxectivo de dar a coñecer o ciclo integral da auga e pór en valor a importancia dun recurso natural tan valioso como é a auga. Hoxe, un grupo de 50 alumnos do Colexio Alba visita as instalacións da calle Cantabria.

“Este ano cúmprese o 5o aniversario das xornadas de portas abertas que realizamos aos centros de ensino da cidade. Trátase dun orgullo para nós porque cada ano non só consolidamos, senón incrementamos o número de visitantes. A boa resposta que recibimos polo persoal docente que acompaña aos escolares anímanos a seguir mellorando este tipo de iniciativas que resultan moi didácticas e enriquecedoras para os alumnos”, asegura José María Ardoy, director de Aqualia Vigo.

O dobre de colexios

Durante o curso escolar anterior, preto de 1.000 alumnos de distintos colexios da cidade visitaron as instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) e a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Aqualia. A ETAP foi visitada polo dobre de colexios e por un 80% máis de alumnos que o curso anterior e xestionáronse preto do 30% máis de visitas que o pasado exercicio. A valoración xeral que os centros escolares realizaron ás instalacións (nunha escala de 0 a 10) alcanzou o 8,6 mellorando a puntuación do ano anterior.

Aqualia

É a empresa de xestión da auga de FCC, un dos grupos de servizos cidadáns lideres en Europa. A Compañía é a terceira empresa privada de auga de Europa e a sexta no Mundo, segundo o último ranking da publicación especializada Global Water Intelligence, e atende a 23,5 millóns de usuarios.

FCC Aqualia é a compañía de xestión da auga de FCC, un dos principais grupos europeos de Servizos Cidadáns. A empresa traballa en máis de 1.100 municipios e opera máis de 200 estacións de tratamento de auga potable e máis de 300 depuradoras en 19 países: España, Italia, Portugal, República Checa, Polonia, Rumanía, Montenegro, Bosnia, México, Perú, Chile, Argelia, Egipto, Emiratos Árabes Unidos, Sudáfrica, Arabia Saudí, Túnez, China e Uruguay.