Preto de 1.400 alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de bacharelato de 42 centros de ensino de toda Galicia formaranse ao longo deste curso a través do programa Finanzas para mortais, froito da colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander.
Esta é a terceira edición deste programa, pioneiro en toda España, no que 43 alumnas e alumnos do ciclo de grao superior de Administración e finanzas serán os responsables de impartir a devandita información. Para iso, recibiron preparación por parte dos responsables do Banco de Santander nunha xornada desenvolvida o pasado venres no CIFP Compostela.
Esta iniciativa ten por obxecto fomentar o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo non universitario como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía. A actuación está encadrada no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo, Eduemprende.
Actividades nos centros
As actividades nos 42 centros educativos comprenderán sesións, talleres e charlas impartidas polo alumnado voluntario de FP xunto con profesionais do Banco Santander. Nelas desenvolverán conceptos como o significado do diñeiro, o consumo e aforro responsables, a renda variable, os créditos e os préstamos, o cambio de moeda e o emprego de tarxetas no estranxeiro, os impostos, a débeda pública, a xubilación, os tipos de financiamento, a cotización á Seguridade Social ou a diferenza entre persoa física e persoa xurídica, entre outros.
Os centros participantes nesta terceira edición son os recollidos na seguinte táboa:
Provincia | Concello | Centro |
A Coruña | Bergondo | CPI Cruz do Sar |
A Coruña | Cambre | IES Afonso X O Sabio |
A Coruña | Carballo | IES Alfredo Brañas |
A Coruña | Carballo | CPR Plurilingüe Artai |
A Coruña | Culleredo | IES Universidade Laboral de Culleredo |
A Coruña | A Coruña | CPR Nebrija Torre de Hércules |
A Coruña | A Coruña | IES Plurilingüe Elviña |
A Coruña | Ferrol | CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro |
A Coruña | Ferrol | IES Leixa |
A Coruña | Oleiros | IES María Casares |
A Coruña | Ortigueira | IES de Ortigueira |
A Coruña | Porto do Son | IES de Porto do Son |
A Coruña | Santiago de Compostela | CIFP Politécnico de Santiago |
Lugo | Lugo | CIFP As Mercedes |
Lugo | Lugo | CIFP Politécnico de Lugo |
Lugo | Lugo | IES Sanxillao |
Lugo | Monforte de Lemos | IES A Pinguela |
Lugo | Navia de Suarna | CPI Plurilingüe de Navia de Suarna |
Lugo | Sarria | IES Gregorio Fernández |
Lugo | Sober | CPR Belarmino Fernández Iglesias |
Lugo | Vilalba | IES Santiago Basanta Silva |
Ourense | Celanova | CPR Plurilingüe Sagrado Corazón |
Ourense | Ourense | CPR Plurilingüe Luís Vives |
Ourense | Ourense | Escola Profesional Santo Cristo |
Ourense | Viana do Bolo | IES Carlos Casares |
Pontevedra | Bueu | IES Johan Carballeira |
Pontevedra | Caldas de Reis | CPR Plurilingüe San Fermín |
Pontevedra | A Cañiza | IES da Cañiza |
Pontevedra | A Estrada | IES Manuel García Barros |
Pontevedra | As Neves | EFAG A Cancela |
Pontevedra | Nigrán | IES Escolas Proval |
Pontevedra | Pontevedra | CIFP A Xunqueira |
Pontevedra | Pontevedra | IES Luís Seoane |
Pontevedra | Vila de Cruces | IES Marco do Camballón |
Pontevedra | Vilagarcía de Arousa | IES Miguel Ángel González Estévez |
Pontevedra | Vilanova de Arousa | IES Faro das Lúas |
Pontevedra | Vigo | CPR San Miguel |
Pontevedra | Vigo | CPR Fillas de María Inmaculada |
Pontevedra | Vigo | CIFP Valentín Paz Andrade |
Pontevedra | Vigo | IES Politécnico de Vigo |
Pontevedra | Vigo | CIFP Manuel Antonio |
Pontevedra | Vigo | IES Ricardo Mella |
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.