Preto de 1000 persoas se manifestaron polas rúas de Vigo contra o PENSIONAZO

Publicado por o día 22/11/2013 na sección de CGT,CUT,SF Intersindical,Sindicatos,Vigo

Preto de 1000 persoas se manifestaron polas rúas de Vigo contra o PENSIONAZO

[rev_slider 21n]

   Onte, convocados polo sindicalismo alternativo, preto de 1000 persoas se manifestaron polas rúas de Vigo contra o PENSIONAZO

Continuando cas movilización que, dende o día 9 de novembro, se están a celebrar por todo Galiza, no día de onte, convocados polo Sindicato Ferroviario da Confederación Intersindical, a CUT, a CGT, o STEG e máis o Sindicato da Elevación, baixo o lema “SALVEMOS AS PENSIÓNS”, entre 800 e mil persoas se manifestaron na cidade de Vigo contra “O Pensionazo”.

Aos estragos que, nos ultimos anos, lle están a causar os gobernos a clase traballadora, supresión de dereitos, continuos despedimentos que condean a un paro de longa duración sin aportar solucións efectivas para a reinserción laboral, destrución de servizos públicos básicos e esenciais, únicos garantes do equilibrio social e da igualdade de oportunidades, como son o ensino, a sanidade, a dependencia, o transportes, a vivenda,… únese agora o ataque do PP ao sistema de pensións, con recortes nas prestacións que na maioria dos casos estan servindo como unico sustento ás familias e as persoas máis desfavorecidas ás condenan definitivamente a exclusión e a fame, poñendo en perigo a súa propia subsistencia.

Tomando como principio a unidade sindical que “outros” rexeitan, -a inclusión fronte a exclusión-, organizacións sindicais alternativas e os movementos sociais de Galiza, dende xa fai algun tempo, nos vimos organizando para defendernos de todas estas agresions e dar unha resposta conxunta nas rúas.

Onte, xunto cos sindicatos convocantes, participaron preto de 1000 persoas, varias asociacions da cidade, a Plataforma de afectados polas pensions do Morrazo e a Agrupación Comarcal de Esquerda Unida de Vigo que xuntos berraron consignas como “Os pensionista

son traballadores, e non defraudadores”, “Queremos traballar, e non mendigar”, “Na movilización está a solución”, “En Galiza a loita continúa, Fronte ás estafas, [email protected] a rúa” “A Crise que a pague o capital, máis traballo e xustiza social” e ao longo de todo o percorrido se fixo un continuo chamamento a necesidade de convocar unha nova folga xeral.

Ao remate, na porta do Sol se deu lectura ao manifesto conxunto por parte de un traballador xubilado do sector do ensino, José Luis Alonso (STEG).

Nota de prensa enviada por SF Intersindical