Preto de 197.500 escolares de educación infantil, primaria e especial comezarán o vindeiro mércores o curso 2018/19

Nos centros galegos de educación infantil están matriculados 59.545 alumnos e alumnas, un 1,4 % menos ca no curso anterior
Publicado por o día 07/09/2018 na sección de Educación

Preto de 197.500 escolares de educación infantil, primaria e especial comezarán o vindeiro mércores o curso 2018/19

O mércores 12 de setembro comezarán en Galicia as clases nos ciclos de infantil, primaria e educación especial para 197.457 nenas e nenos, o que supón un 0,6 % menos que no curso 2017/18, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.

Educación Infantil

Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 59.545 alumnos comezarán este 12 de setembro nas aulas de educación infantil, o que supón un 1,4 % menos ca no curso 2017/18.

Por tipo de centros queda do seguinte modo:

Centros públicos Centros concertados Centros privados Total
41.579 alumnos 16.651 alumnos 1315 alumnos 59.545 alumnos

Ademais hai que sinalar que nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu un 4% respecto do curso anterior:

   2017/18     2018/19
Total 1120 alumnos 1075 alumnos

Educación Primaria

Por outra banda, as mesmas previsións que manexa a Consellería indican que 136.738 alumnos tamén comezaran o mércores as clases de educación primaria en Galicia, o que supón practicamente a mesma cifra ca no curso anterior (un 0,3% menos).

Centros públicos Centros privados concertados Centros privados non concertados
A Coruña 41.690 alumnos 14.970 alumnos 1.312 alumnos
Lugo 10.162 alumnos 3.424 alumnos 251 alumnos
Ourense 8.463 alumnos 4.359 alumnos 0 alumnos
Pontevedra 35.745 alumnos 15.161 alumnos 1.201 alumnos
Total 96.060 alumnos 37.914 alumnos 2.7064 alumnos

No caso da educación primaria o número de alumnos sen nacionalidade española, a diferenza respecto do ano pasado é do 12,3 % menos:

2017/18 2018/19
A Coruña 1341 alumnos 1106 alumnos
Lugo 544 alumnos 543 alumnos
Ourense 401 alumnos 348 alumnos
Pontevedra 1127 alumnos 995 alumnos
Total 3413 alumnos 2992 alumnos

Educación especial

No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1174, 94 alumnos máis ca no 2017/18.

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

Centros públicos Centros privados con concerto
A Coruña 163 alumnos 304 alumnos
Lugo 66 alumnos 8 alumnos
Ourense 73 alumnos 46 alumnos
Pontevedra 154 alumnos 360 alumnos
Total 456 alumnos 718 alumnos

Centros escolares e docentes

Os centros –públicos, privados e concertados– que desde o 12 de setembro impartiran ensinanzas de educación infantil e primaria e educación especial quedan distribuídos do seguinte xeito:

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia
Educación Infantil 57 4 3 60 124
Educación Primaria e Infantil(1) 239 89 84 222 634
Educación Primaria e ESO(2) 54 26 21 65 166

 

Educación especial 15 2 3 15 35
TOTAIS 365 121 111 362 959

(1) Inclúen os centros que imparten só educación primaria

(2) Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.

No referido ao profesorado, os datos estimados, a falta de que se realicen as pertinentes contratacións de interinos e substitutos para cubrir as necesidades puntuais que se presenten a inicio de curso, indican que o conxunto do sistema educativo galego público contará con 30.149 docentes.

Servizos complementarios

O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería, tras as modificacións oportunas que se realizan anualmente para o seu axuste ás necesidades actuais.

Así, este ano, a falta de que se pechen as últimas autorizacións, o número estimado de prazas de comedor escolar será de 75.699, das cales 14.449 serían xestionadas por ANPAS ou Concellos, existindo tamén axudas –ou convenios de colaboración- da Consellería neste concepto para ambas as entidades. En total o departamento educativo da Xunta xestiona 437 comedores, deles 302 de forma directa e 135 de forma indirecta, (a través de empresas que serven menús con todos os estándares de calidade garantidos). Pola súa banda as ANPAS son responsables de 131 comedores e os Concellos de 50. Neste sentido, cómpre lembrar que a Consellería subvenciona os menús de máis de 4000 comensais en 50 centros escolares dos Concellos de Ames, Betanzos, Cangas, Ferrol, Gondomar, Manzaneda, Meaño, Mugardos, Muíños, Lugo, Oroso, Ponteareas, Santiago de Compostela e Sarria. Así mesmo a Consellería facilita subvencionar o servizo de comedor escolar a 494 alumnos de centros de educación especial non públicos a través de convenios con 13 entidades.

No que atinxe ao transporte, prestarase servizo –segundo as estimacións provisionais- a 90.001 alumnas e alumnos de 765 centros públicos. Ademais, darase cobertura de transporte a 301 alumnos de centros de educación especial que non son públicos a través de convenios cunha ducia de entidades. Deste xeito Galicia volve ser a primeira Comunidade do Estado no referido ao volume que representa este servizo educativo complementario.