Preto de duascentas persoas participaron en Vigo na Andaina “sostible” organizada pola Deputación para celebrar o “Día Mundial das Cidades”

O deputado Carlos Font destacou que esta iniciativa tenta “promover a urbanización sustentable e inclusiva” e subliñou a importante implicación de mozos e mozas de varios centros educativos da cidade
Publicado por o día 14/11/2019 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,Vigo

Preto de duascentas persoas participaron en Vigo na Andaina “sostible” organizada pola Deputación para celebrar o “Día Mundial das Cidades”

Preto de duascentas persoas, entre as que figuraron estudantes de varios centros educativos da cidade, así como usuarios e usuarias de colectivos sociais, participaron hoxe na andaina organizada pola Deputación de Pontevedra en Vigo para conmemorar o Día Mundial das Cidades, baixo o lema “Mellor cidade, mellor vida. Solucións innovadoras e unha mellor vida para as futuras xeracións”. Con esta iniciativa o Goberno provincial de Carmela Silva sumouse a esta celebración que a ONU realiza desde 2014, que se enmarca, amais, nos eixos relacionados co desenvolvemento sustentable e a aposta pola transición ecolóxica.

Así, o deputado Carlos Font destacou na súa benvida ás e os participantes que a xornada tenta “promover a urbanización sostible e inclusiva en todo o mundo”. Font, que estivo acompañado polo deputado Gorka Gómez e a deputada Ana Laura Iglesias, lembrou que máis da metade da poboación mundial vive nas cidades e se espera que para 2050 a porcentaxe chegue ao 68% e amosou a súa satisfacción pola implicación das mozas e mozos participantes nesta iniciativa de sensibilización para acadar un futuro máis sostible. Este ano, a celebración deste Día Mundial das Cidades está dirixida a aumentar tamén a conciencia sobre como se poden utilizar as innovacións dixitais para mellorar a calidade de vida e a contorna urbana.

Na camiñada participaron estudantes dos centros Possumus, Altamar e Pintor Laxeiro, así como usuarias e usuarios da asociación Down Vigo, que fixeron un percorrido circular guiado polos lugares máis representativos da cidade viguesa, para coñecer a súa historia e a evolución. A andaina realizouse de forma simultánea á organizada na cidade de Pontevedra, na que participaron un cento de persoas, e que contou coa presenza das deputadas provinciais Iria Lamas e Noemí Outeda.

Comentar noticia

Your email address will not be published.