Primarias de Compromiso por Galicia

Publicado por o día 15/03/2014 na sección de Compromiso por Galicia,Política

Primarias de Compromiso por Galicia

 Compromiso por Galicia realizará este vindeiro xoves 20 de marzo o seu proceso de primarias en Vigo, para a elección da persoa candidata de cabeza de lista ás eleccións ao Parlamento Europeo.

Compromiso por Galicia quere dar exemplo ante a sociedade poñendo en práctica os seus principios de democracia participativa, aberta e transparente para a escolla da persoa candidata ás eleccións europeas.

Este proceso de primarias que se está a realizar en toda Galicia terá unha cita importante en Vigo este xoves 20 de marzo, onde os militantes e simpatizantes de CxG poderán escoitar ás catro persoas candidatas, que superaron os requisitos de obtención de avais entre a militancia, e votar a continuación pola opción desexada.

As catro persoas que competirán pola cabeza de lista da organización galeguista de cara ás vindeiras eleccións europeas falarán en Vigo acompañadas por Pablo González Mariñas, na súa calidade de Presidente da Comisión Electoral do proceso de primarias.

Os catro candidatos son:

– Teba Conde, profesora de primaria en Laxe.

– Paulo Carlos López, ex Secretario Xeral da Mocidade Nacionalista Galega, referente xuvenil de CxG.

РXos̩ Mosquera, profesor de Dereito Constitucional da Universidade de Vigo.

– Pablo Penedo, simpatizante non afiliado ao partido, xa que as primarias de Compromiso están abertas á cidadanía, tanto como electores como elixíbeis.

Día: 20 de Marzo
Lugar: Local Comarcal de CxG. Rúa Illas Baleares, 28 baixo – Vigo

Horario: apertura do colexio electoral: 19.00 horas

Comezo das intervencións e debate: 20.00 horas

Remate do debate: 22.00 horas

Peche do colexio electoral: 23.00 horas

  Para calquera consulta podedes contactar co responsable de Comunicación en Vigo de Compromiso por Galicia, Estevo Sánchez no teléfono 637 33 02 24.