Primeira Asemblea da Marea de Vigo logo das eleccións

Publicado por o día 02/06/2015 na sección de Marea Vigo,Política

Primeira Asemblea da Marea de Vigo logo das eleccións

 Na Marea de Vigo seguimos avanzando xuntos. Este xoves 4 ás 20:00 na Praza do Pobo Galego terá lugar a Asemblea da Marea de Vigo, a primeira que celebramos logo das eleccións municipais, e coa que seguiremos construíndo un movemento potente, transformador e aberto a todas.

A orde do día é a seguinte:

1. VALORACIÓN DOS RESULTADOS DO 24 M.

2. POSICIONAMENTO DA MAREA NA INVESTIDURA.

3. ORGANIZACIÓN E PARTICIPACIÓN NA MAREA.

4. VARIOS

PRENSA MAREA VIGO