A primeira festa de Santa Rita de Vigo resultou un éxito

Centos de Vigueses e Viguesas se achegaron ao barrio de Santa Rita
Publicado por o día 23/05/2016 na sección de Eventos,Vigo

A primeira festa de Santa Rita de Vigo resultou un éxito

Despois dunha madrugada pasada por auga, a mañá amenceu cun ambiente cálido, un ambiente para gozar da familia e amigos, así dixeron os asistentes á primeira festa de Santa Rita, centos de persoas achegáronse ata rúa Padre Feijóo e rúa Puerto Rico.

Na rúa Padre Feijóo, un dos laterais do Hospital Xeral foi o epicentro da festa, poderíanse gozar dun mercado artesán, música, gaiteiros, churreros, pulpeiros e ata inchables para os nenos. A primeira Festa de Santa Rita segundo Rosa Vello a presidenta da Asociación de Comerciantes da Contorna do Xeral a este medio a considérou un éxito, Rosa falando a este medio iluminábanselle os ollos de ver tanta afluencia de xente, despois de estar semanas traballando nesta primeira festa de Santa Rita de xeito conxunto co Kiosco el Parque de propiedade de María Pérez e coa tenda de agasallos e complementos Rocha de propiedade de Rosa, así ten constancia este medio, medio o cal quere felicitar polo seu gran labor e esforzos, Rosa Vello ten ganas de volver repetir para o ano que vén.

Esta festa impulsada polo colectivo ACEX está formado por cinco negocios pero o número de asociados vai crecendo e sitúase xa en 31 era para tentar impulsar de novo os negocios desta zona que se viron seriamente prexudicados polo peche do antigo Hospital Xeral-Cies. En menos dun ano, os comercios perderon “ata un 80% dos ingresos”, asegura María Pérez, vicepresidenta da asociación e propietaria do Kiosco el Parque que viu como as súas vendas caían á metade en apenas uns meses. Ás 20.30 horas a formación de música As Voces de Amieiro puxo o broche final ás actividades.

Aquí poden gozar da galería fotográfica de Santa Rita 2016