Primeiras imaxes das recreacións de época da longametraxe documental “VIGO 1972”

“Aspiramos a que o noso documental se convirta en un símbolo para a cidade”
Publicado por o día 10/02/2017 na sección de Cultura,Galicia,Sindicatos,Social,Vigo

Primeiras imaxes das recreacións de época da longametraxe documental “VIGO 1972”
Coa mirada posta na estrea en setembro deste ano, a produtora Arthur Gordon ten previsto ao longo deste mes de febreiro rematar a rodaxe das dramatizacións de época de “Vigo 1972”, longametraxe documental dirixida e guionizada por Roi Cagiao, que relata os acontecementos de setembro dese ano, no que a través dunha folga xeral de tres semanas de duración na que participaron máis de 30.000 traballadores, a bisbarra de Vigo foi quen de poñer xaque ao réxime franquista, e convertir á cidade no centro de atención a nivel estatal e europeo.
 
“Son un conxunto de dramatizacións moi ambiciosas que remataremos este mes de febreiro, ficcións que recrean distintos momentos do proceso folguístico: os primeiros despidos, as reunións e asambleas clandestinas dos folguistas, detencións, reprodución e distribución de propaganda, etc… Nas mesmas interveñen unha vintena de actores e extras, incluímos gravacións cun gran despliegue de medios técnicos para conseguir o dinamismo e a acción destas secuencias, cunha ambientación escrupulosa en canto a vehículos, vestiario e utilería de época” explica o produtor executivo Emilio J. Fernández.
 
Ao longo das película, estas dramatizacións intercálanse coas declaracións de diferentes protagonistas dos feitos (Waldino Varela, Carlos Núñez, Elvira Landín, Carlos Barros ou Camilo Nogueira entre outros) e material de arquivo fotográfico e cinematográfico. José Gómez Alén e Alberto Alonso Gallego son os asesores históricos destaobra documental.
 
“Aspiramos a que o noso documental sobre a folga xeral do 72 se convirta nun símbolo para a cidade de Vigo, de aí a relevancia destas dramatizacións, que aportan espectacularidade a achegan ao espectador a recreación de diferentes momentos da consecución da folga. A película, sen renunciar ao rigor na narración dos feitos, trata de construir un relato dos mesmos que sexa quen de emocionar ao espectador, con momentos trepidantes e outros cheos de emotividade” insiste Roi Cagiao.
 
“Ao longo dos meses de febreiro e marzo pecharemos os acordos de colaboración coas institucións e entidades públicas e privadas interesadas en colaborar co proxecto. A día de hoxe contamos xa co apoio de diferentes asociacións, empresas e fundacións como o Foro pola Memoria de Galicia, a Unión Comarcal de CCOO de Vigo e a Asemblea Republicana de Vigo, entre outros” explica Emilio J. Fernández.
Galería de imaxes