O primeiro Plan Integrado de Emprego de Mos entre os mellores puntuados pola Xunta

Acadouse unha inserción laboral do 85%, mentres que na segunda edición que se atopa en marcha vaise xa polo 73%
Publicado por o día 31/05/2017 na sección de Galicia,Mos,Vigo

O primeiro Plan Integrado de Emprego de Mos entre os mellores puntuados pola Xunta

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, informaron hoxe de que o Primeiro Plan Integrado de Emprego do Concello de Mos, que se levou a cabo o ano pasado (do 1 de setembro de 2015 ao 31 de agosto de 2016), ven de acadar unha das mellores puntuacións outorgadas pola Xunta de Galicia entre tódolos plans públicos realizados na Comunidade Autónoma Galega, que foron un total de 28.

O primeiro PIE Mos 3.0 sumou un total de 92,50 puntos, sendo 120,75 puntos a máxima puntuación, acada polo Concello de Ferrol; e a mínima 70,80 puntos, que foi a obtida polo Concello de Ourense.

Deste xeito, Mos ocupa o posto undécimo deste ranking, tan só por detrás de municipios como Ferrol, Vigo, Redondela, Santiago de Compostela, Ames, Arteixo, A Estrada, A Coruña, A Baña e A Mancomunidade do Salnés. Por detrás de Mos quedaron administracións tan potentes coma a Deputación de Pontevedra (décimo quinto posto), o Concello de Pontevedra, os Concellos de Cangas e Moaña, o Concello de Lalín, etc.

Esta puntuación indica o rigor na execución do proxecto e o acerto na programación do mesmo, unido a incorporacións novas e pioneiras  como o proxecto de calidad e a creación do selo local de emprego, valorando o apoio das empresas coa creación de emprego de calidade e dando visibilidade ás mesmas, todo isto sen abandonar o fin principal e obxectivo do PIE  do cumplimento das insercións marcadas.

No I PIE mosense participaron un total de 90 persoas beneficiarias, das cales 67 eran menores de 30 anos. Os/as beneficiarios/as recibiron orientación laboral personalizada, asesoramento para o emprendemento, formación, e intermediación e prácticas en empresas.

Impartíronse un total de 63 accións formativas que incluíron formación transversal e cualificadora. Contactouse con 159 empresas, tramitáronse 114 ofertas de emprego e lográronse un total de 61 contratacións vinculadas.

Ademais asináronse convenios de colaboración con 14 empresas, acadáronse 24 períodos de prácticas nos que 66 usuarios do PIE realizaron prácticas e o 56% desas persoas acadou unha inserción vinculada ás prácticas.

No que respecta a insercións laborais, 77 usuarios/as do primeiro PIE Mos 3.0 acadaron algunha contratación ao longo do Plan e houbo persoas que tiveron contratos con máis dunha empresa, do que se extrae que o porcentaxe de inserción logrado ascende a un flamante 85%.

Segunda edición

Actualmente estase a realizar a II Edición Plan Integrado de Emprego Mos 3.0 cuns magníficos resultados. O II PIE 3.0 iniciouse o 1 de setembro de 2016 e rematará o 31 de agosto do presente ano 2017. Conta cunha inversión económica total de 132.263,49 euros, dos que 104.426 euros son subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o resto asúmeo a propia administración local mosese. Este segundo PIE conta cun total de 60 persoas beneficiarias, da cales 53 son menores de 30 anos e as 7 restantes maiores de 30 anos.

As accións que se levan a cabo dende o Plan de Emprego son orientación laboral personalizada, asesoramento a emprendedores/as, formación e prácticas en empresas.

Durante os seis primeiros meses do PIE impartíronse 23 accións formativas que supuxeron un total de 333 horas lectivas, asináronse convenios con 5 empresas, contactouse cun total de 217 empresas de distintos sectores e tramitáronse 110 ofertas de emprego.

44 dos 60 usuarios /as do II PIE Mos 3.0 traballaron ou traballan dende o inicio do plan, o que supón a elevadísma porcentaxe do 73%, tendo en conta que aínda faltan 4 meses para que finalice. Algún dos usuarios xa tivo máis dun contrato