Primer caso de infección por coronavirus en Galicia

As análise confirman a infección por coronavirus nun paciente procedente de Madrid
Publicado por o día 04/03/2020 na sección de Galicia,Sanidad

Primer caso de infección por coronavirus en Galicia

As análises realizadas no Servizo de Urxencias do CHUAC, e confirmadas polo Centro Nacional de Microbioloxía, a un paciente procedente de Madrid confirman a infección por coronavirus dun home de 49 anos que se atopa illado no hospital, en cumprimento dos protocolos acordados co Ministerio de Sanidade. Trátase do primeiro caso positivo confirmado en Galicia.

A Dirección Xeral de Saúde Pública está seguindo o protocolo e xa iniciou o estudio de contactos para determinar as medidas necesarias que permitan previr novos contaxios.