Prisión provisional para a muller do falecido en Vigo tras tirarse dun noveno piso durante un rexistro

Publicado por o día 19/10/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Prisión provisional para a muller do falecido en Vigo tras tirarse dun noveno piso durante un rexistro

O Xulgado de Instrución número 1 de Vigo decretou este sábado prisión provisional para a muller do home falecido o pasado xoves en Vigo tras tirarse dun noveno piso durante un rexistro nunha vivenda.

Así, segundo confirmaron fontes policiais a Europa Press, acúsaselle de tres delitos: un contra a liberdade sexual, outro por detención ilegal e outro de revelación de segredos, despois de que unha terceira persoa denunciase que fora retida “á forza” nun piso situado no número 190 da avenida de Castrelos da cidade olívica.

Todo isto pasados dous días desde que o seu marido, un home de 35 anos de idade, falecese tras lanzarse ao baleiro desde un noveno piso, onde estaba a asistir a un rexistro domiciliario en calidade de detido e investigado.

No transcurso desa dilixencia, “de maneira sorpresiva, abalanzouse sobre unha xanela da vivenda, precipitándose ao baleiro desde un noveno piso”. O home impactou contra o chan e resultou ferido “moi grave”, sendo evacuado en ambulancia a un centro hospitalario e falecendo dúas horas despois.

O home fora detido, do mesmo xeito que o seu cónxuxe, tras a presentación dunha denuncia por parte dunha muller, que asegurou que fora retida á forza no domicilio onde se estaba efectuando o rexistro. O detido estaba a ser investigado tamén polos delitos de detención ilegal, delitos contra a liberdade sexual e revelación de segredos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.