As primarias abertas para a elección definitiva da lista serán o vindeiro 14 de marzo na cafetería Moreneta, rúa Doutor Cadaval no 5, na Praza do Pobo Galego.
Poderán votar tódalas persoas que teñan asinado o manifesto antes do día 9 de marzo, día no que se pechará o censo de votantes co obxectivo de que o Comité de Primarias dispoña de tempo suficiente pra poñelo en orde. O manifesto pode ser asinado en liña aquí: mareadevigo.org/?page_id=49
Un total de 20 persoas candidataronse para o proceso de primarias sendo Rubén Pérez o único candidatable para a elección da persoa proposta á alcaldía de Vigo. Esta figura elisexe separadamente do resto da lista de candidatos e candidatas de acordo co regulamento de primarias acordado na asemblea da Marea de Vigo.
O proceso de primarias rematará o día 18 coa confirmación definitiva de candidatos e candidatas, unha vez rematado o período de alegacións e corrixido o factor de xénero para configurar a lista electoral definitiva.
PRENSA MAREA DE VIGO
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.