Profesionais na área da Unidade de Mama do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) pasaron por unha actualización teórica e práctica en técnicas novedosas de mama

Publicado por o día 11/01/2018 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Profesionais na área da Unidade de Mama do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) pasaron por unha actualización teórica e práctica en técnicas novedosas de mama

A área da Unidade de Mama do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), situada no Hospital do Meixoeiro acolleu unhas xornadas de formación teórica e práctica dirixidas ao persoal técnico, facultativos e residentes do complexo. O obxectivo das sesións de formación non foi outro que a actualización para os profesionais das técnicas de mama.

Como principais docentes interviñeron técnicos en aplicacións da empresa EMSOR, así como persoal da Unidade de Calidade do CHUVI e o propio da Unidade de Mama, coa responsable da mesma, a doutora Rosa Mallo, á fronte.

A formación continuada de profesionais e persoal das distintas unidades asistenciais, e en concreto a de Mama, é absolutamente necesaria para adecuarse ás novidades tecnolóxicas que se integran cada vez máis nos distintos servizos.