Profesionais, usuarios e colectivos de pacientes convocados a unha posta en común sobre a humanización no Sergas

A xornada, de carácter virtual, contou con relatores con experiencia en accións de humanización nos centros sanitarios galegos
Publicado por o día 04/12/2020 na sección de Salud,Sanidad,Xunta de Galicia

Profesionais, usuarios e colectivos de pacientes convocados a unha posta en común sobre a humanización no Sergas

Facilitar o encontro entre profesionais de todas as áreas sanitarias e organizacións de usuarios para que intercambien e compartan modos de actuación, experiencias e proxectos dirixidos a proporcionar a mellor asistencia posible aos pacientes, foi o obxectivo da Primeira Xornada de Humanización no Sergas, que tivo lugar en modo virtual onte pola tarde, no salón de actos da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS).

Ao final da sesión déronnse a coñecer os premios aos mellores proxectos levados a cabo no eido da humanización na sanidade galega. A xornada foi clausurada polo xerente do Sergas, José Flores, quen agradeceu a todas as áreas sanitarias a posta en marchas destas iniciativas, así como a todos os profesionais que as levan a cabo, o que fai posible que se mellore a atención aos pacientes e o sistema sanitario galego. Tamén asistiu á xornada a subdirectora de Humanización do Sergas, Josefina Monteagudo.

Segundo remarcou o xerente do Sergas, estes proxectos, que poñen á persoa no centro da atención sanitaria, están enmarcados na Estratexia de humanización da asistencia sanitaria, que defende unha sanidade centrada nas persoas e que prima o trato persoal e cercano entre os profesionais e os pacientes.

É certo que os lugares non curan, proseguiu José Flores, pero sí que poden aliviar síntomas da enfermidade e facer máis agradable a recuperación, e estas iniciativas demostran que os avances tecnolóxicos non son incompatibles coa humanización.

Tal e como incidiu o xerente do Sergas, debemos orientar e adaptar o funcionamento do sistema ao paciente. Non hai mellor obxectivo que conseguir que a persoa que necesite ser atendida polo sistema sanitario se sinta cómoda, segura, tranquila, respectada e ben tratada. Así, do mesmo modo que traballamos por unha sanidade moderna e avanzada, perseguimos unha sanidade próxima, accesible, cómoda e humana, -sinalou-.

Tamén agradeceu a colaboración das asociacións de pacientes, posto que elas, mellor que nadie coñecen os aspectos de mellora que se poden implementar no noso sistema de saúde dende o punto de vista obxecto desta xornada que é a humanización.

Iniciativas presentadas

Na xornada, presentáronse diferentes accións de humanizacion levadas a cabo nas distintas áreas sanitarias:

Estamos convosco. Relatora Clara Olveira Lorenzo. Subdirectora de Humanización e Atención á Cidadanía da Área Sanitaria da Coruña e Cee; quen deu a coñecer todas as actividades de humanización realizadas nesta área sanitaria.

O meu paso polo quirófano. Relatoras: Esther Moreno López, médico especialista en Anestesioloxía e Reanimación do CHUF, da Área Sanitaria de Ferrol, e Pilar Porta Rodríguez. profesora da aula hospitalaria, tamén da Área sanitaria de Ferrol; conto didáctico para axudar aos máis pequenos no seu paso polo quirófano.

Redefinición do hospital de día oncohematolóxico. Relatora: Gloria Enríquez Sanjurjo. Supervisora de Humanización. Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; que explicou as melloras nesta área do Hospital de Lugo cara á súa confortabilidade.

Operación esperanza. Relatora: Belén Piñeiro Bóveda. Xefa de Servizo de Humanización e Atención ao Paciente. Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, iniciativa que posibilitou facer chegar cartas dos familiares aos enfermos covid.

Auto Covid-auto escola. Relator: José Antonio Fernández López-Abad. Subdirector de
Humanización e Atención á Cidadanía. Área Sanitaria de Vigo; que supuxo adaptar a realización de PCRs aos máis pequenos con actividades.

Humanización da área materno infantil. Relatora: Loreto Casal Arias. Supervisora de Humanización e Atención á Cidadanía. Área sanitaria de Pontevedra e Salnés; que detallou o acondicionamento de espazos e equipamentos da área para facelos máis accesibles e confortables.

Benestar físico e emocional de mulleres con trastorno do espectro autista na consulta xinecolóxica Relatora: Beatriz Pais Iglesias. Subdirectora de Humanización e Atención á Cidadania. Área Sanitaria de Santiago e Barbanza; que facilita o acceso á consulta xinecolóxica das mulleres con trastorno do espectro autista.

Destacar que a iniciativa máis votada polos equipos de humanización das áreas sanitarias; así como polos representantes das asociacións de pacientes; e polo equipo da subdirección de Humanización do Sergas, foi o traballo titulado: o meu paso polo quirófano, da área sanitaria de Ferrol

Comentar noticia

Your email address will not be published.