Profesorado interino e substituto de Galicia interpón acción xudicial ante o TSXG ante o silencio administrativo da Consellería de Educación ao Recurso presentado o pasado 20 de abril para a paralización da OPE

Os demandantes emprenden a acción pola vía de procedemento especial ao entender que o sistema de selección actual vulnera o seu dereito de acceso ao un posto de traballo público como dereito fundamental, ante o silencio do recurso administrativo da Xunta de Galicia
Publicado por o día 05/06/2018 na sección de Educación,Social

Profesorado interino e substituto de Galicia interpón acción xudicial ante o TSXG ante o silencio administrativo da Consellería de Educación ao Recurso presentado o pasado 20 de abril para a paralización da OPE

Profesorado Interino e substituto de Galicia vén de presentar un Recurso Especial de Protección ante os Dereitos Fundamentais das Persoas contra a ORDE do 14 de marzo de 2018 da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG Nº 57 DO 21/03/2018) pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso aos diferentes corpos de profesorado e mestres e trala desestimación do Recurso de Reposición por silencio administrativo presentado o 20 de abril, aducindo que a Xunta de Galicia está incumprindo co mandato legal que establece o modelo do concurso-oposición para o acceso ao emprego público no ensino.

O colectivo pide a suspensión cautelar da convocatoria e polo tanto do proceso selectivo en base á vulneración do dereito á igualdade, ao acceso ao emprego público en condicións de igualdade e a á tutela xudicial efectiva, recollidas como dereitos fundamentais nos artigos 14, 23.1 e 24 da Constitución Española.

Aseguran utilizar a vía xudicial para que sexan os propios tribunais quen repoñan a legalidade vixente, considerando o xa acontecido noutras CCAA con macroprocedementos con sentenzas clara contra á administración educativa.

Nesta liña mantiveron mobilizacións e asembleas dende o mes de marzo que culminou cunha concentración o 17 de maio en Compostela, convocada pola Plataforma de Interinos de España, no que se xuntaron cerca dun centenar de afectados ao grito de STOP ao ERE.

Este colectivo, por medio de USDG, reuniuse xa cos diferentes grupos parlamentarios para expoñer o problema ante o ERE inminente na administración educativa, no Pazo do Hórreo –PP, PSOE, En Marea e BNG – quen amosaron a súa preocupación polo futuro deste colectivo. Tamén mantiveron xuntanzas en San Caetano co Xefe de Persoal e cos sindicatos ANPE, CCOO, UXT, STEG e CIG.

Esta iniciativa conta co respaldo do USDG (Unión Sindical de Docentes de Galicia), sindicato sectorial creado polos afectados, dentro da campaña de ámbito estatal apoiada pola Plataforma de Interinos, Temporais e Estatutarios Eventuais.