Profesores, estudantes e maiores destacan o gran valor do programa de Afundación «Fálame da emigración»

Publicado por o día 23/06/2016 na sección de Vigo

Profesores, estudantes e maiores destacan o gran valor do programa de Afundación «Fálame da emigración»

Os 67 voluntarios e voluntarias participantes no programa «Fálame da emigración» de Afundación aseguran que volverían repetir unha experiencia que lles permitiu sentirse «útiles, respectados e valorados». Esta opinión é compartida polos profesores dos 11 centros que colaboraron nesta primeira fase do proxecto, quen subliñan os beneficios que supuxo para o alumnado «porque é unha maneira diferente de coñecer unha parte tan significativa da nosa historia, integrando emocións, fundamentais para a aprendizaxe, e porque permitiu a moitos mozos e mozas descubrir a súa vinculación familiar con ela, coñecendo aspectos inéditos e sorprendentes a través do traballo de investigación que realizaron». Maiores e estudantes romperon estereotipos  grazas a este programa impulsado por Afundación no marco da súa Área de Envellecemento Activo.