O programa de “grandes lugares” volve o Concello de Arbo

O Concello de Arbo e a suas parroquias son un gran atractivo para a televisión.
Por o 06/08/2017 | Sección: Arbo,Galicia,Turismo
O programa de “grandes lugares” volve o Concello de Arbo
En outubro de 2016, o equipo de “grandes lugares”, desplazase ata a parroquia de Sela, do término municipal de Arbo, para grabar os veciños, as tradicions, os monumentos e os detalles máis significativos de este fermoso recucho de Arbo.
Nese programa puxeronse en valor as pesqueiras, a praia fluvial de Sela, a ruta das pesqueiras, as augas medicinais de Sela, as pinturas murais da Igrexa parroquial santa Mariña de Sela, a augardente, a festa da Colleita e a pesca da lamprea e incluso os veciños asaron unha lamprea para degustación deste manxar e demostraron ser unha fermosa, amable e agarimosa parroquia.
Este ano, de novo, o programa quixo vir coñecer outro pequeno ” gran lugar de Arbo ” tocandolle esta vez a parroquia de Cabeiras.
Neste caso puxose en valor o Monte e a Capela de San Fins e como non a Romaria que ten lugar todos OS anos o 1 de agosto, tamen se falou do tan coñecido e apreciado por todos o Belen Vivente de Cabeiras, visitaron unha adega tradicional, a Igrexa De Cabeiras, falouse de artesanía, tradición, das xentes e de moitas outras cousas que non imos desvelar para que estean atentos o programa.
O pasado venres dia 28 de xullo, o equipo do programa desprazouse ata Árbo, exactamente ata Cabeiras, e pasou todo o día visitando a parroquia acompañados pola nosa xente.
Dende o Concello queren agradecer a todo equipo do programa e a tvg por acordarse de esta Vila e dos seus lugares e esperamos que esta non sexa a ultima vez, porque Arbo, ten moito que ofrecer.