O programa municipal Tempo de Lecer duplicou en 2017 as cifras de participación acadadas o ano pasado

Na presente edición, clausurada onte pola tarde cun acto de celebración no Multiusos, participaron 419 persoas fronte ás 241 do 2016, 20 asociacións fronte ás 13 do ano pasado; e impartíronse 760 horas de clase fronte ás 345 de 2016
Publicado por o día 21/12/2017 na sección de Galicia,Mos

O programa municipal Tempo de Lecer duplicou en 2017 as cifras de participación acadadas o ano pasado

Onte pola tarde celebrouse no auditorio do Multiusos das Pozas o acto de clausura do programa municipal Tempo de Lecer 2017 no que estiveron representantes das 20 asociacións mosenses participantes e a concelleira de Participación Cidadá mosense, Julia Loureiro.

En Tempo de Lecer 2017 participaron un total de 20 asociacións do Concello de Mos e 419 persoas distribuídas entre a vintena de asociacións participantes. Ao longo do programa impartíronse un total de 760 horas de clase de 21 disciplinas diferentes (pandeireta e canto, uso do móbil, encaixe de palillos, pintura en tea, Zumba, ximnasia de mantemento, Hipopresivos, elaboración de xabóns, panadería e repostería, cociña e repostería vegana e vexetariana, arte floral, poda e tarefas de campo, percusión, conservación de alimentos, cociña elaborada sá, Pilates, cociña tradicional galega, elaboración de cervexa artesá, primeiros auxilios, fotografía, e axilidade mental) e os cursos cun maior índice de asistentes foron os de Zumba, uso do teléfono móbil, ximnasia de mantemento, fotografía e cociña e repostería veganas.

Neste sentido a edil Julia Loureiro destacou o feito de que este ano as asociacións que impartiron os obradoiros de cociña e repostería solicitaron que fose na versión ‘comida sá e vexetariana’.

Esta iniciativa anual logra máis adeptos cada edición. Nesta ocasión, Tempo de Lecer 2017 duplica as cifras acadadas na edición de 2016. O ano pasado participaron 13 asociacións fronte as 20 deste ano, impartíronse 345 horas de clase fronte as 760 de 2017, e participaron 241 persoas fronte ás 419 deste ano. Ademais en 2016 impartíronse 18 cursos de modalidades diferentes e nesta ocasión as disciplinas sobre as que versaron os obradoiros foron un total de 21 distintas.

Os obradoiros do programa municipal Tempo de Lecer realizáronse dende febreiro ata decembro de 2017, con descanso durante os meses de xullo e agosto por vacacións estivais. A meirande parte das asociacións participantes escolleron a opción de curso de 40 horas de duración, tan só 4 das 20 agrupacións participantes optou pola modalidade de 20 horas por falla de tempo.

As 20 asociacións participantes en Tempo de Lecer 2017 foron San Martín de Tameiga, Chan do Bosque, A.V.V. San Mamede de Torroso, Centro Recreativo e Cultural de Torroso, A.V.V. de Dornelas, San Rafael, [email protected] de Mos, As Pedriñas, Nosa Terra de Pereiras, Santa Baia, Grupo de Baile Nosa Terra de Pereiras, A Cividade, Mulleres Rurais, Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, A.V.V. Petelos, Ledicia, Abrente, San Eleuterio, Asociación Recreativa e Cultural de Guizán e Asomamos (Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos).

Nestes cursos o importe a aboar por cada alumno/a de Tempo de Lecer é a razón de 1 euro/hora por participante, que debe inscribirse directamente na asociación na que se imparte o curso ou obradoiro no que está interesado/a.

Tal e como explicou a concelleira Loureiro “un dos fins deste programa é dar resposta á gran demanda por parte das asociacións e conseguir unha mellora do uso e disfrute do tempo libre dos participantes, a través da aprendizaxe, do traballo en equipo é do fomento da creatividade nos diferentes campos de actuación social”. Outros dos obxectivos de Tempo de Lecer son fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, facilitar ás persoas de Mos a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades formativas adaptadas ás súas posibilidades  económicas, promover a participación social entre as persoas que máis o precisen, proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo e fomentar o uso do tempo de lecer en equipo.

ASOCIACIÓN CULTURAL SAN MARTÍN DE TAMEIGA

PANDEIRETA E CANTO

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CHAN DO BOSQUE

USO DO MÓBIL

A. VECIÑOS SAN MAMEDE DE TORROSO

ENCAIXE DE PALILLOS

ENCAIXE DE PALILLOS

CRC TORROSO

PINTURA EN TEA

ZUMBA

A. VECIÑOS DE DORNELAS

XIMNASIA DE MANTEMENTO

A. VECIÑOS SAN RAFAEL

HIPOPRESIVOS

ASOCIACIÓN DE [email protected] DE MOS

ENCAIXE DE PALILLOS INICIACIÓN

ENCAIXE DE PALILLOS AVANZADO

CSCD AS PEDRIÑAS

ELABORACIÓN DE XABÓNS

PANADERÍA E REPOSTERÍA

A.VECIÑAL NOSA TERRA DE PEREIRAS

COCIÑA E REPOSTERÍA VEGANA E VEXETARIANA

A. VECIÑOS SANTA BAIA DE MOS

ARTE FLORAL

PODA E TAREFAS DE CAMPO

G. Baile Nosa Terra de Pereiras

PANDEIRETA E CANTO

PERCUSIÓN

A CIVIDADE

CONSERVACIÓN DE ALIMENTOS

ZUMBA

MM. RR. VAL DA LOURIÑA

COCIÑA ELABORADA SÁ

PILATES

C.C.D. SANTA EULALIA

COCIÑA TRADICIONAL GALEGA

A. V. PETELOS

COCIÑA TRADICIONAL GALEGA

ELABORACIÓN CERVEXA ARTESÁ

ASOCIACIÓN V. E C. LEDICIA SANGUIÑEDA

PRIMEIROS AUXILIOS

FOTOGRAFÍA

C. C. ABRENTE

XIMNASIA

ARTE FLORAL

ASOCIACIÓN DE V. DE SAN ELEUTERIO

PILATES

A. R. C. DE GUIZÁN

ZUMBA

AXILIDADE MENTAL

ASOMAMOS

CANTO E PANDERETA