A programación das grandes festas de Cangas as festas do Cristo 2017 moi completa

Este ano, as festas, contan cun programa moi amplo e completo, no que hai espectáculos para todos os públicos e no que a representación galega é un dos pilares fundamentais: “A programación é galega, do Morrazo. Trátase dun certame no que se demostra que cos artistas da vila e cos das contornas se pode chegar moi lonxe”
Por o 10/08/2017 | Sección: Cangas,Eventos,Galicia
A programación das grandes festas de Cangas as festas do Cristo 2017 moi completa

A poucas semanas de iniciarse as grandes festas de Cangas, hoxe asistimos á presentación das Festas do Cristo 2017, á que acudiron o deputado de Cultura, Xosé Leal, o alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, o concelleiro de Cultura, Héitor Mera, os integrantes do grupo Furious Monkey House, así como membros de Lembranzas na Ría e Astarot.

Este ano, as festas, contan cun programa moi amplo e completo, no que hai espectáculos para todos os públicos e no que a representación galega é un dos pilares fundamentais: “A programación é galega, do Morrazo. Trátase dun certame no que se demostra que cos artistas da vila e cos das contornas se pode chegar moi lonxe”, explicou Mera. Incidiu tamén en que as actividades sóense destinar as persoas maiores ou ao público infantil, obviando algúns sectores da sociedade, “por iso se escollen a grupos como Furious Monkey House, porque acollen a todo o mundo.

Aínda así, a programación infantil é brutal”. Ademais, o concelleiro aproveitou a ocasión para resaltar a presenza dunha empresa que controlará e inspeccionará todas as atraccións para garantir a seguridade de todos os cativos.
Dentro do panorama musical poderase gozar coas actuacións de Agoraphobia, The Skarnivals, La Cubancha de la Martiniana, The Lakazans, Fanfarria Taquikardia, Liska!, Los Wavy Gravies, Malevaje ou con Furious Monkey House, entre outros.

A Deputación provincial apostou desde un principio por estas festas, algo que Xosé Leal se encargou de trasladar no acto de presentación. “Colaborar sempre é un orgullo, son unhas datas de referencia para todo o Morrazo. Sabemos que aquí se aglutina moi ben a cultura máis tradicional cos espectáculos de forma. O programa é moi variado, un exemplo diso é o espectáculo Keltia”. Leal tamén se referiu á valentía do Concello á hora de organizar un evento destas características. Evento que conta con todo o respaldo do alcalde, Xosé Manuel Pazos, que destacou, ademais da variedade ofertada, a calidade de todas as actuacións. “Isto é algo complexo de organizar, son moitos días, pero o obxectivo está acadado: que todos e todas, desde os máis pequenos ata os máis grandes, gocen dos espectáculos que terán lugar durante eses días na vila de Cangas”.

Dende a Concellaría de Cultura, queren agradecer a todas as persoas e grupos que se ofreceron para actuar nestas festas, xente que ve nas mesmas unha posibilidade de escaparate e que forman parte da maxia desta celebración. Animan a toda a veciñanza e a todas as persoas que visitan o noso concello neste mes estivo a achegarse a
Cangas e compartir estes días festivos.

PARTICIPANTES

O grupo Furious Monkey House mostrou o seu orgullo e pracer por poder participar nas Festas do Cristo. Tratarase da única actuación do verán, xa que están traballando nun novo disco no que se recupera a esencia do anterior, pero no que se espera sorprender con grandes innovacións. “Queremos que o vindeiro 29 de agosto saia todo
ben e que o público asistente marche cun sorriso”.

Outros que están traballando noutro disco son os integrantes de Astarot. Eles esperan poder facer un adianto ante toda a vila de Cangas. “Somos de Cangas, amamos Cangas e fainos moita ilusión actuar aquí”. Por último, Lembranzas da Ría agradeceu ao Concello “por apostar pola música do pobo e do arredores. Iso é algo que nos aporta unha valoración moi importante”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.