Prohibido comer e fumar nas praias de Vigo polo coronavirus

Publicado por o día 21/06/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Prohibido comer e fumar nas praias de Vigo polo coronavirus

Este domingo estendéronse por vez primeira as cintas divisorias nas praias de Samil e o Vao, estarán desde as dez da mañá ata as nove da noite aproximadamente, delimitando parcelas de oito por oito metros en que poderá estra un máximo de dez persoas.

Tamén se van parcelar as zonas verdes. Segundo os cálculos municipais poderá haber nas dúas grandes praias de Vigo 25.000 persoas de xeito simultáneo. Pero ademais o alcalde anunciou a prohibición de fumar e comer na praia por razóns sanitarias.

Se hai certa rotación poderán gozar das praias cada xornada entre trinta e corenta mil persoas de xeito seguro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.