Promoción entre a mocidade galega do voluntariado europeo

Por o 14/09/2016 | Sección: Amigos da Terra,Vigo
Promoción entre a mocidade galega do voluntariado europeo

Amigos da Terra comeza un proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE). Este programa fomenta a mobilidade dos mozos e mozas europeas para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental.

Este voluntariado ao ter lugar no estranxeiro, amplifícanse as súas vantaxes, xa que non só se trata de desfrutar dunha experiencia persoal única se non que, tal e como constatan estudos recentes, adquírense coñecementos e se fortalecen habilidades craves que son altamente valoradas polas empresas. Sen embargo, a pesar das innumerables vantaxes que teñen este tipo de programas, sabemos que son practicamente descoñecidos entre a mocidade e incluso entre as entidades, xa que en Galicia apenas existen organizacións tanto de envío como de acollida.

Polo tanto, a través do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Amigos da Terra, unha asociación con máis de 16 anos de experiencia na xestión deste tipo de voluntariado, vai levar a cabo distintas actividades que se desenvolverán ata mediados de outubro. O obxectivo non é só difundir o SVE e as súas vantaxes entre a mocidade galega, se non intentar que se sumen máis entidades para enviar e acoller voluntariado de outras nacionalidades.

Para iso, a través das OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) realizaranse unha serie de charlas informativasnas capitais comarcais de varios municipios do Sur de Galicia (Xinzo, Celanova, Maceda, Bande, Trives, O Barco, Carballiño, Viana do Bolo, Verín, Castro Caldelas, Lalín, Vigo, Ponteareas, A Cañiza, Pontevedra entre outros). Nestas presentacións levarase a cabo un primeiro achegamento ao SVE, as súas vantaxes, os requisitos de participación, a duración, as actividades que se poden levar a cabo e as condicións de financiamento. Tamén se contará ca testemuña de persoas voluntarias de diferentes países que achegarán a súas vivencias.

Para culminar o proxecto, realizaremos en Ourense un encontro final de convivencia e onde compartir experienciasentre toda a xente interesada e onde se convidarán a outras asociacións e persoas voluntarias, tanto estranxeiras como nacionais que desfrutaron ou están a levar a cabo o SVE, e que rematará cun xantar conxunto. A finalidade é socializar e horizontalizar as experiencias en torno a este voluntariado, estimular a relación social e crear un espazo de confianza no que xurdan novas iniciativas e que o espírito de emprendemento social se contaxie.