Promoven o consumo de leite amparado pola marca Galega 100% na Volta Ciclista España

A Consellería do Medio Rural reparte 3.200 briks de leite, xunto a folletos promocionais en diferentes etapas da competición
Publicado por o día 07/09/2019 na sección de Agricultura e Gandería

Promoven o consumo de leite amparado pola marca Galega 100% na Volta Ciclista España

A Xunta leva o leite galego a La Vuelta. En concreto, a Consellería do Medio Rural reparte uns 3.200 briks de leite da marca de calidade Galega 100% en diferentes etapas da volta ciclista á España, como xa fixo na primeira parada, na cidade alacantina de Torrevieja, ou en Onda (Castellón) e Valls (Tarragona).

A través da asociación de hostalaría de Lugo, e como en anteriores ocasións, a Consellería quixo colaborar para dar a coñecer noutros lugares de España un dos produtos do agro galego máis representativos como é o leite. O obxectivo desta campaña é divulgar o selo que garante non só a procedencia do produto, senón tamén a súa elaboración dentro da comunidade galega e con calidade diferenciada.

De feito, para afianzar este selo de calidade entre os consumidores, a Xunta vén desenvolvendo unha intensa actividade de promoción. Só no que vai de ano, Galega 100% estivo presente en sete eventos diferentes relacionados coa gastronomía ou co deporte. Como parte desta actividade, dende o pasado mes de xaneiro pasado repartíronse unhas 30.000 unidades de briks de leite amparado coa marca de calidade Galega 100%, xunto con folletos nos que se facilita ao consumidor información sobre como identificar este leite nos diferentes puntos de venda e coñecer as garantías e o significado da marca.

Comentar noticia

Your email address will not be published.