Marea de Vigo lanzou as súas propias propostas. Entre as novidades que propoñen está ampliar a gratuidade do billete aos nenos ata seis anos de idade ou establecer un billete social para persoas vulnerables empadroadas en Vigo (parados, perceptores de Risga ou de pensións non contributivas, ou persoas con ingresos inferiores ao 75 % do IPREM).
O portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, lamentou que o goberno municipal haxa aproveitado o período vacacional para publicar na súa web a consulta cidadá achega do regulamento (á que está obrigado por lei), sen darlle apenas publicidade, a pesar de que “esta é a consulta importante, e non cando se acenden as luces de Nadal”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.