PROSAGAP apoia todas as mobilizacións por parte dos profesionais sanitarios

Por o 14/04/2019 | Sección: PROSAGAP,Sanidad,Sindicatos
PROSAGAP apoia todas as mobilizacións por parte dos profesionais sanitarios

PROSAGAP quere poner de manifestó que, ante a situación tan difícil que está a vivir a Sanidade Pública en xeral , nestes últimos tempos,  é máis concretamente n o ámbito da Atención Primaria e PACs.

PROSAGAP apoia todas as mobilizacións por parte dos profesionais sanitarios.

POROSAGAP entende a desilusión, o enfado e a frustración, ante a decisión de desconvocar as mobilizacións programadas a semana pasada, para iniciar unhas negociacións que deixan de lado aos principais protagonistas: OS PROFESIONAIS SANITARIOS.

Durante algo máis dun ano, médicos e enfermeiras dos PACs, expresaron a precaria situación na que desenvolven a súa actividade profesional e a discriminación que sofren a diario, resumíndoa en 11 puntos.

Como repetiron incesantemente, nunca se tratou de aumentos de soldo nin de melloras laborais persoais, se non, que a súa preocupación débese á fráxil situación que viven a diario nos seus lugares de traballo e a unha desigualdade de dereitos con respecto ao resto dos profesionais do SERGAS.

Nese mesmo sentido, o persoal Sanitario de Atención Primaria, tamén iniciou as súas protestas hai varios meses. Todos eles saben ben o que fai falta, porque son eles os que sofren en primeira persoa as carencias, e son eles, os que teñen as dificultades para prestar o servizo e os coidados á poboación.

PROSAGAP non entende a desconvocatoria de folga, pero vemos e alégranos, que lonxe de desanimar ou desunir, o que conseguiu esta decisión é un efecto rebote e parece que, agora osprofesionais, están máis que unidos e seguros de que deben continuar coas reivindicacións e as mobilizacións.

PROSAGAP cree insostible  a situación, e imprescindible unha actuación inmediata dos responsables públicos para chegar por fin a un acordo que solucione definitivamente os problemas en Atención Primaria e PACs.

O Sistema Sanitario Público debe verse como un todo, con varios elos que teñen que estar ben fortes e unidos para que funcione ben. Deixar de lado algún destes elos ten como consecuencia unha diminución da calidade da atención a nivel xeral. A Atención Primaria (e incluímos aquí aos PACs) son ese primeiro elo tan importante da Sanidade Pública, investir nel e protexelo,  é básico e repercutirá nunha mellora global da Atención Sanitaria Pública.

 Por iso é polo que PROSAGAP unha vez máis insista en que investir en Sanidade é investir en Saúde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.