Protección Civil de O Porriño retirou árbores, postes, chapas e toldos derrubados polos refachos de vento

Publicado por o día 22/01/2021 na sección de Galicia,O Porriño

Protección Civil de O Porriño retirou árbores, postes, chapas e toldos derrubados polos refachos de vento

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Porriño informa que realizou diversas intervencións para retirar árbores, postes, toldos e chapas derrubados polos refachos de vento.

A incidencia máis grave ocorreu hoxe, de madrugada. Requiridos polo 112, acudiron a retirar varias árbores que caeron sobre a Autovía A-55 e provocaron unha colisión en cadea de varios vehículos sen feridos. Aconteceu no quilómetro 22, sentido Tui, na recta do Polígono das Gándaras.

Protección Civil atendeu outros avisos para retirar outras árbores que caeron en Filgueira-Mosende; Casal do Vello-Torneiros e na PO-331, estrada de Porriño a Gondomar. Tamén acudiron a retirar un poste telefónico en Torneiros; chapas dun galpón en Chenlo e achicaron balsas de auga en varios puntos do casco urbano e no Polígono da Granxa.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.