Protección Civil e persoas voluntarias de Baiona reparten máscaras de protección entre as persoas máis vulnerables do municipio

As máscaras foron elaboradas por persoas voluntarias do municipio ás que o alcalde Carlos Gómez “agradece a súa colaboración e solidariedade”

Protección Civil do Val Miñor e persoas voluntarias de Baiona, –entre as que estaban as concelleiras de Servizos Sociais, Concepción Vara, e Deportes e Cultura, Miriam Costas– comezaron hoxe a distribuír máscaras de protección ao sector de poboación máis vulnerable e polo tanto, de maior risco ao COVID-19, como poden ser as persoas maiores de 65 anos.

As máscaras que se están a repartir, foron elaboradas por voluntarios e voluntarias do municipio para, posteriormente, pasar un proceso de esterilización que permita a súa utilización con todas as garantías.

Carlos Gómez, alcalde de Baiona, asegurou “estar máis que orgulloso” do comportamento da veciñanza nesta crise do COVID-19. “Non só orgulloso dos que cumpren estritamente as normas de confinamento, ás veces nada fáciles de seguir, senón de todos e todas os que, como no reparto destas máscaras de protección, colaboran co Goberno local axudando aos seus veciños e veciñas”. Estes comportamento, asegurou o rexedor local, “amosan unha enorme capacidade solidaria e extraordinarias doses de humanidade”.

O rexedor local quixo tamén enviar un especial agradecemento “a eses veciños e veciñas anónimos que, sen pedir nada a cambio e sen dubidar nin un momento, traballan arreo confeccionando máscaras para que os sectores de maior risco, síntanse máis protexidos”. “Con todos eles e elas terá Baiona, unha débeda de gratitude permanente”, concluíu Carlos Gómez.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM