Protección civil xa botou 700 quilos de sal para eliminar as placas de xeo no Porriño

Protección Civil xa botou 700 quilos de sal para eliminar placas de xeo en diversos puntos do municipio. “Cargamos 500 quilos máis para actuar ao longo das próximas horas”, manifestou Suso González “Carrola”, responsable da agrupación.

As últimas intervencións desta mañá desenvolveronse, de novo, en Atios e no polígono industrial da Granxa.

Como consecuencia das xeadas caídas desde a pasada noite, durante a madrugada e a primeira hora desta mañá, houbo avisos pola aparición de placas de xeo tanto nas beirarrúas como nas rúas de varias zonas do municipio.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil xa interveu botando sal para eliminalos en varios puntos da rúa Fernández Areal, Tamén no Parque Industrial da Granxa e na Torre-Atios.

No casco urbano actuaron na rúa Antonio Palacios á altura do parque Gonzalo Ordóñez e nas inmediacións do Albergue de Peregrinos.

Suso Gónzalez “Carrola”, xefe do grupo, reitera a petición para que a veciñanza avise á Policía Local a través de chamadas telefónicas (620 40 40 40) ou a través da aplicación “O Porriño Informa”, da aparición de novas placas de xeo.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM