A Protectora Os Biosbardos e Refuxio Animais Ponteareas buscan aos propietarios desta cadela

Por o 14/01/2018 | Sección: Galicia,Mascotas,Ponteareas
A Protectora Os Biosbardos e Refuxio Animais Ponteareas buscan aos propietarios desta cadela

Onte unha voluntaria atopouse pola Picaraña con esta cadeliña e o seu fillo, xunto a elas estaba tamen o macho da outra foto. Pensamos que quizás debería haber máis cachorr@s pero por máis que buscamos non atopamos, pode que os levara alguen pero para quedarnos tranquilas e parar de buscar gustaríanos sabelo.

Recoñeces a algún ou sabes do paradeiro do resto da camada?

Precisamos tamen acollida, conxunta ou por separado. A nai é de tamaño pequeno e moi cariñosa, vai perfecta con correa.

O macho é un pouco máis tímido pero tamen cariñoso e pequeniño, nas fotos parecen mais grandes.

Se as recoñeces, sabes algo do resto da camada ou podes acollelas chámanos ó 600356891 (10-13,30)(16,30-20) de luns a venres, wasap se é fóra de horario.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.