Proxección de A boa esposa na Sede Afundación de Vigo dentro do ciclo de cine «Mulleres»

O visionado será mañá luns 2 de marzo a partir das 19.30 h
Publicado por o día 01/03/2020 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Proxección de A boa esposa na Sede Afundación de Vigo dentro do ciclo de cine «Mulleres»

Afundación, a Obra Social de ABANCA, dá inicio ao ciclo de cinema «Mulleres» na súa sede de Vigo (Policarpo Sanz, 24-26) coa proxección, mañá luns 2 de marzo, a partir das 19.30 h, do filme A boa esposa. As sesións son de balde pero é preciso retirar a invitación (un máximo de dúas por persoa) na web Ataquilla.com desde cinco días antes da proxección, ou desde unha hora antes no despacho de billetes da propia sede. A butaca reservarase ata 10 minutos antes do comezo da proxección. A partir dese momento o acceso será libre por orden de chegada ata completar a capacidade.

A boa esposa (Björn Ruge, 2017). Protagonizada por Glenn Close e Jonathan Pryce, conta a historia de Joan Castleman, unha boa esposa, de beleza madura e natural, a muller perfecta. Con todo, Joan leva corenta anos sacrificando os seus soños e ambicións por manter viva a chama do matrimonio co seu marido, Joe Castleman. Joan chega ao seu límite, e en vésperas da entrega do Premio Nobel de Literatura a Joe decide desvelar o seu segredo mellor gardado.

Todos os filmes que conforman este ciclo contan con mulleres como protagonistas e tratan temas como a reivindicación de dereitos, a soidade ou o traballo digno. Un ciclo transversal que ten como eixo vertebrador o empoderamento das mulleres.

Comentar noticia

Your email address will not be published.