Proxección de A dama de ouro na Sede Afundación de Vigo no marco de «Sonoro empeño»

O proxecto multidisciplinar «Sonoro empeño. La música en las colecciones ABANCA y Afundación» combina exposición e actividades para ilustrar a relación entre a música e as artes plásticas
Publicado por o día 04/11/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Proxección de A dama de ouro na Sede Afundación de Vigo no marco de «Sonoro empeño»

No marco do proxecto multidisciplinar «Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación», exposto actualmente na Sede Afundación de Vigo, ABANCA e Afundación organizaron unha extensa programación de actividades complementarias.

Mañá martes 5 de novembro continúa o ciclo de cinema «Sonoro empeño» conformado por cinco películas que teñen a arte como elemento común. A seguinte proxección será do filme A dama de ouro a partir das 19.30 h na Sede Afundación de Vigo. A entrada é gratuíta pero é preciso retirar a invitación na web Ataquilla.com.

Baseada nunha historia real, A dama de ouro narra a historia de Maria Altmann, interpretada por Helen Mirren, unha muller xudía que fuxiu de Viena durante a II Guerra Mundial. Sesenta anos despois, no 1998, regresa para reclamar as propiedades que os nazis confiscaron á súa familia, entre as que se atopa o soado Retrato de Adele Bloch-Bauer I, de Gustav Klimt. Un mozo avogado (Ryan Reynolds) axudaraa na súa loita co Goberno austríaco e co Tribunal Supremo dos Estados Unidos. Ao mesmo tempo, Maria deberá enfrontarse aos terribles recordos do seu pasado.

Esta proposta responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e trasladar a actividade cultural fose dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.

A EXPOSICIÓN

A través de 51 piezas firmadas por artistas como Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, José Manuel Broto, Óscar Domínguez, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luis Seoane, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Elena Gago o Susana Solano entre otros, este proyecto expositivo ilustra la relación y los puntos en común que comparten la música y las artes plásticas. Mediante obras pertenecientes a las Colecciones de arte de ABANCA y Afundación, asume el ambicioso reto de mostrar este vínculo, un tema recurrente a lo largo de la historia del arte que fue objeto de numerosas teorizaciones y reflexiones y dio pie a nuevas formas creativas.

A mostra poderase visitar ata o vindeiro 4 de xaneiro na Sede Afundación de Vigo, de luns a venres en horario de 17.30 a 20.30 h e os sábados, de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h.

Comentar noticia

Your email address will not be published.