Proxección de Big Eyes na Sede Afundación de Vigo no marco de «Sonoro empeño»

Será mañá martes 12 de novembro a partir das 19.30 h
Publicado por o día 11/11/2019 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

Proxección de Big Eyes na Sede Afundación de Vigo no marco de «Sonoro empeño»

No marco do proxecto multidisciplinar «Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación», exposto actualmente na Sede Afundación de Vigo, ABANCA e Afundación organizaron unha extensa programación de actividades complementarias.

Mañá martes 12 novembro continúa o ciclo de cinema «Sonoro empeño» conformado por cinco películas que teñen a arte como elemento común. A proxección será do filme Big Eyes a partir das 19.30 h na Sede Afundación de Vigo. A entrada é gratuíta, pero é preciso retirar a invitación na web Ataquilla.com.

Baseada nunha historia real. Margaret Keane comezou a ter un éxito inusitado nos anos cincuenta e sesemta a raíz dos seus cadros, característicos polos grandes ollos dos personaxes que representaba. Eran nenas e nenos que cativaban debido á súa mirada penetrante. Walter Keane, o seu marido, tíñaa convencida de asinar as obras co nome del porque disque era moi hábil para as cousas do marketing… En canto ela comeza a decatarse da manipulación, Walter amosa todas as súas frustracións.

Esta proposta responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e trasladar a actividade cultural fose dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.

A EXPOSICIÓN

A través de 51 pezas asinadas por artistas como Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, José Manuel Broto, Óscar Domínguez, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luis Seoane, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Elena Gago ou Susana Solano entre outros, este proxecto expositivo ilustra a relación e os puntos en común que comparten a música e as artes plásticas. Mediante obras pertencentes ás coleccións de arte de ABANCA e Afundación, asume o ambicioso reto de mostrar este vínculo, un tema recorrente ao longo da historia da arte que foi obxecto de numerosas teorizacións e reflexións e deu pé a novas formas creativas.

A mostra poderase visitar ata o vindeiro 4 de xaneiro na Sede Afundación de Vigo, de luns a venres en horario de 17.30 a 20.30 h e os sábados, de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h.

Comentar noticia

Your email address will not be published.