Próxima Xeira en Lugo | 15-D

Publicado por o día 14/12/2017 na sección de Anova,Eventos,Política

Próxima Xeira en Lugo | 15-D

O vindeiro venres 15 de decembro continúan en Lugo as Xeiras de Anova, nun acto aberto a toda a cidadanía no que participarán Antón Sánchez, Xosé Manuel Beiras e Zita Méndez.

Continúan así os diferentes encontros abertos que faremos por todo o país. Non están pensados só para a nosa militancia, senón para toda organización identificada co espazo de ruptura, movemento social, plataforma ou cidadán que, a título individual queira achegarse a escoitar e poñer en común un diálogo sobre o momento político que vivimos

Levando por título: “Crise Política e saída autoritaria do Réxime do 78”, o eixo central non podía ser outro que o peche totalitario, recentralizador e represivo que o Estado español xa ten enriba da mesa. Faise mais preciso que nunca clarificar cales son os retos e oportunidades que, dende unha perspectiva social e nacional, ten hoxe por diante a Unidade Popular.