Publicada a orde da axuda de pagamento único por filla/o menor de 3 anos

O prazo de presentación das solicitudes ábrese o martes 4 de abril e remata o 26 de maio
Por o 03/04/2017 | Sección: Bebés,Vigo,Xunta de Galicia
Publicada a orde da axuda de pagamento único por filla/o menor de 3 anos

O martes 4 de abril, ábrese o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, correspondente a 2017. Novamente, quedan excluídas destas axudas as persoas que o pasado ano presentaran a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo.

Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 02-01-2014 e o 01-01-2017, in-cluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentaran de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a facelo.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos, na seguinte contía:

– Cando sexa a primeira crianza: 360 euros.

– Cando sexa a segunda crianza: 1.200 euros.

– Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

O prazo de presentación das solicitudes será de 35 días hábiles, con¬tados a partir do día 4 de abril. Dado que a nova normativa non contabiliza os sábados como hábiles, o último día para presentar a solicitude será o 26 de maio.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formula¬rio normalizado dispoñíbel na sede electrónica da Xunta de Galiza (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros estabelecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Os interesados e interesadas poden consultar a orde en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170403/AnuncioG0425-270317-0001_gl.pdf.

Esta axuda según a Xunta, beneficia a máis de 2500 familias cada ano e para a que a Administración autonómica consigna un orzamento inicial de 3 millóns de euros (susceptible de ampliación para chegar a todas as familias que poidan percibir esta prestación), forma parte do Programa de Apoio á Natalidade (PAN) que a Xunta de Galicia puxo en marcha no ano 2015 co obxectivo de garantir o benestar das familias a través dun apoio continuo e integral desde a chegada dun fillo ou filla.

Nado en Vigo hai 35 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.