Publicadas as axudas para os traballadores que se acollan á redución de xornada para o coidado de crianzas

Deberanse ter acollido á redución entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017

Sae publicada a convocatoria das axudas económicas para os traballadores e familias monoparentais que, entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas. Estas axudas teñen como obxecto a conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade.

Poderanse beneficiar das mesmas os traballadores e familias monoparentais que, entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017, ambos os dous inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado dunha filla ou dun fillo menor de 3 anos (ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %).

Para os efectos destas axudas, entenderase por familia monoparental o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo.

Así mesmo, poderán acollerse a esta axuda os traballadores que adopten unha persoa menor ou a teñan en situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo. Nestes supostos, para ter dereito á axuda non poderán ter transcorrido máis de 3 anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola cal se constitúe a adopción. En calquera caso, a filla ou fillo por quen se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.

Como requisito establécese ter uns ingresos non superiores a 5,5 veces o (IPREM) para o ano 2015.

Período subvencionábel

O período máximo subvencionábel, continuado ou fraccionado, será de 8 meses. Para ter dereito á axuda, deberase manter a situación de redución de xornada durante un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos. En ningún caso o período para o cal se solicita a subvención pode coincidir co permiso por maternidade, nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade da persoa solicitante ou do seu cónxuxe ou parella.

Prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galiza

Podes consultar a orde completa das axudas nesta ligazón ou no arquivo que se achega con esta nova.

Contía das axudas

1.- Cando a redución de xornada sexa de entre o 12,5 % e ata o 25 % dunha xornada laboral a tempo completo e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionábel (8 meses):

–    Unha/un filla/o a cargo: 1.700 euros.
–    Dúas/dous fillas/os a cargo: 2.000 euros.
–    Tres ou máis fillas/os a cargo: 2.300 euros.

2.- Cando a redución de xornada sexa superior ao 25 % e ata o 37,50 % dunha xornada laboral a tempo completo e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionábel:

–    Unha/un filla/o a cargo: 2.800 euros.
–    Dúas/dous fillas/os a cargo: 3.100 euros.
–    Tres ou máis fillas/os a cargo: 3.400 euros.

3.- Cando a redución de xornada sexa superior ao 37,50 % e ata o 50 % ou máis dunha xornada laboral a tempo completo e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionábel:

–    Unha/un filla/o a cargo: 3.100 euros.
–    Dúas/dous fillas/os a cargo: 3.400 euros.
–    Tres ou máis fillas/os a cargo: 3.700 euros.

Cando a xornada se realice a tempo parcial, ou cando o período subvencionábel sexa inferior ao máximo, as contías das axudas reduciranse proporcionalmente.



Publicado por Rubens Rocha

Rubens Rocha

Nado en Vigo hai 34 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

ETIQUETAS:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Vigo Marketing

http://www.vigomarketing.com

Diseño web, posicionamiento, marketing y publicidad en Vigo

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá