Publicadas as puntuacións definitivas da OPE 2014

Publícase o xoves 3 de novembro no DOG a resolución que dá publicidade ás puntuacións definitivas dos exercicios da OPE 2014 e que dá por finalizada a fase de oposición
Publicado por o día 03/11/2016 na sección de CIG,Sanidad,Sindicatos,Vigo

Publicadas as puntuacións definitivas da OPE 2014

Publícase o xoves 3 de novembro no DOG a resolución que dá publicidade ás puntuacións definitivas dos exercicios da OPE 2014 e que dá por finalizada a fase de oposición. As puntuacións publicadas son as das categorías de: Enfermeira/o Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía (Matrona), Fisioterapeuta,Logopeda,Terapeuta ocupacional, Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía (TAP), Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental, Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico, Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico (TEL), Técnico/a Superior en Radioterapia, Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) e Técnico/a en Farmacia (TEF) (da OPE 2015).

As puntuacións poden verse na páxina web do SERGAS.

  • . RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015.
  • Puntuacións definitivas OPE 2014      Descargar PDF

Estas puntuacións serán tidas en conta para a elaboración das listas de contratación desas categorías na actualización automática de outubro, inda que xa rematara o prazo de inscrición, posto que así se recolle no Pacto de Contratacións:

Se con posterioridade ao 31 de outubro e antes da publicación da lista definitiva de baremación de cada categoría tivese finalizado a fase de oposición dun proceso de selección fixa convocado polo Servizo Galego de Saúde, na xeración de listas que se efectúe teranse en conta, para valorar a maior das puntuacións obtidas nos dous últimos procesos selectivos convocados polo Servizo Galego de Saúde, os resultados deste novo proceso.