Puntos programáticos de Vigo en Común

Publicado por o día 17/02/2015 na sección de Política,Vigo en común

Puntos programáticos de Vigo en Común

-QUENES SOMOS E QUE PAPEL PODEMOS XOGAR NO CONTEXTO ACTUAL?

Grupo promotor:Activistas sociais e cidadáns con en sen militancia en diferentes organizacións e/ou colectivos.

Un equipo promotor que favoreza a xestación dunha candidatura cidadá,esforzándose e traballando coas persoas que coñecemos e implicando o movemento vecinal,asociativo e os diferentes colectivos na construcción do programa e alternativa para a cidade.

Debemos exercer de forza motriz impulsora do proceso inicial e coa ollada posta na futura confluencia de tódalas iniciativas.Neste último termo,non se trata de apoiar acríticamente e de xeito subordinado calquer proceso de confluencia das diferentes iniciativas.

Unha Iniciativa Cidadá Unitaria debe converterse nun símbolo de cambio e de rexeneración política na cidade e , para elo, ten que agromar un amplo espectro do corpo social da cidade.

-OBXETIVOS EN TRES EIXOS:

1 – Iniciar e impulsar unha alternativa cidadá(candidatura cidadá)co obxetivo de recuperar o concello para a cidadanía.

2 – Construir a alternativa dende o orixe,os barrios,as asociación veciñais e colectivos sociais,implicando as persoas na elaboración e planificación dun programa municipal.

3 – Elaborar unha proposta programática de x puntos común mínimos abordando as necesidades da maioria.Puntos ou propostas claras,posibles e de aplicación inmediata tendo en conta que un programa e moito máis que unha lista de desexos.

PROGRAMA VIGO EN COMÚN

-Rescate do servizo municipal de augas e modificación do sistema actual de cobro pasando o mesmo a un sistema de cobro por consumo real.

-Remunicipalización do servizo de transporte público e participación na rede de transporte metropolitán.

-Rescate das diferentes concesións de servizos públicos e promoción,nas mesmas,de fórmulas cooperativas con participación municipal.

-Redistibución dos fondos económicos(Primeiro as persoas).Elaboración dun paquete de medidas de Benestar Social que inclua,ademáis das axudas económicas,unha exención nos impostos e a gratuidade nos servizos básicos de primeira necesidade(auga,enerxia eléctrica…) as familias que carezan de ingresos.

-Cidade libre de desafiuzamentos. Creación dun parque público de vivenda en réxime de aluguer social. Sancións e aumento de impostos a banca e “fondos buitre” sobre as vivendas baleiras das que dispoñen e que non cedan en réxime de aluguer social. Expropiación do uso,temporal, das vivendas baleiras en mans de ditas entidades,pasando a formar estas a bolsa pública de aluguer social.

-Medioambiente:Establecerase un programa de protección do “cinto verde de Vigo”,fomentando a explotación e o aproveitamento sostibles da masa forestal,incentivando o cooperativismo agroforestal e gandeiro no entorno rural da cidade.

-Urbanismo:Revisión,modificación e adaptación do PXOM a realidade actual,primando a rehabilitación e os criterios técnicos sostibles para un novo modelo de cidade,poñendo fin a especulación urbanística.

-Emprego:Rehabilitación das escolas taller, incentivación do cooperativismo e establecemento de convenios de emprego coa industria,o comercio local e o tecido empresarial da cidade. Elaboración de plans de formación e reciclaxe a paradas de longa duración.

-Plan de fomento do pequeno comercio e a economía local mediante incentivos fiscais e aaxudas a autónomos/as e pequenas empresas locais.

-Aplicación inmediata da Lei da Memoria Histórica e retirada,de toda a cidade,da simboloxía franquista.

-Creación dun Observatorio Cidadán e habilitación dunha mesa de Participación Cidadá con competencias e acceso os orzamentos e seguimento dos proxectos e compromisos adquiridos.

-Auditoria da débeda municipal e dos contratos e execucións iniciadas e anulación dos mesmos en caso de fraude ou incumplimento.

-Auditoria e elaboración dunha relación dos bens de titularidade municipal e exposición pública.

PRENSA VIGO EN COMÚN