Que bueno que viniste Chacho que bueno que viniste…

Hugo Mallo e Aspas impulsan ao Celta e frean a reacción do Athletic en San Mamés
Publicado por o día 04/12/2020 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol

Que bueno que viniste Chacho que bueno que viniste…

Vitoria clara e merecida dun gran RC Celta en San Mamés ante o Athletic Club (0-2). O capitán Hugo Mallo e Aspas anotaron os goles celestes e permiten ao conxunto vigués escalar postos na clasificación tras sumar a súa segunda vitoria consecutiva.

A primeira metade estivo marcada pola pelexa no centro do campo e a igualdade. A primeira ocasión clara tivérona os locais por medio de Muniaín. Acto seguido foi Santi Mina o que disparou contra a portaría rival e á media hora un centro envelenado a punto estivo de adiantar aos celestes.

Tras o descanso saíron mellor ao terreo de xogo os futbolistas de Eduardo Coudet, que se fixeron co control do xogo e aos 15 minutos Hugo Mallo adiantou aos celestes no marcador cun gran cabezazo. O gol espoleó aínda máis ao RC Celta e un brillante roubo de Brais Méndez permitiu a Iago Aspas anotar o segundo gol e asegurar a segunda vitoria consecutiva para os celestes

Por parte do Athletic, moi esvaecido e de máis a menos a partir da media hora de partido, a mellor ocasión chegou aos once minutos a través de Iker Muniain. O capitán cruzou no primeiro pau un centro desde a dereita de Iñaki Williams que se marchou rozando o pau dereito da portería defendida por Rubén Blanco.

FICHA TÉCNICA

0 – Athletic Club: Unai, Capa, Yeray, Núñez, Yuri (Balenziaga, min 46), Vesga, Vencedor (Unai, min 61), Muniain (Morcillo, min 79), Williams (Sancet, min 79), Berenguer, Villalibre (Raúl García, min 61)

2 – RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo, Araújo, Murillo, Olaza, Tapia, Denis Suárez, Brais Méndez (Baeza, min 90), Nolito (Aidoo, min 70), Aspas (Beltrán, min 88), Mina

Goles: 0-1 Hugo Mallo, min 60; 0-2 Aspas, min 78

Árbitro: Figueroa Vázquez (Andalucía). Amoestou a Unai, Vesga (Athletic) e a Murillo (RC Celta)

Comentar noticia

Your email address will not be published.