Que facer se atopas un niño de vespas velutinas?

Para informar da presenza de niños de vespas velutinas, podes utilizar o número da Xunta de Galicia 012.
Publicado por o día 09/09/2018 na sección de Cultura

Que facer se atopas un niño de vespas velutinas?

Non obstante, cómpre salientar que a avespa invasora (a velutina ou asiática) ten para a poboación os mesmos riscos que a avespa autóctona. Ataca cando se sente ameazada, por iso é importante que manteñamos unha separación dos niños duns cinco metros, non golpear o niño, nin molestar ás avespas.

A composición do veleno é practicamente igual e, coma en todos os casos, pode representar un serio problema para as persoasalérxicas. Con todo, non está de máis tomarse algunhas destas precaucións, sobre todo se vas realizar algún traballo no campo. Neste caso, recorda revisar primeiro a contorna na que vas actuar, isto é, comproba árbores, chan, muros, etc, xa que moitos niños pódense formar incluso no medio das silveiras ou no mato. Igualmente, evita rozar estas zonas e lembra non cortar polo pé unha árbore que conteña un niño ou non provocar a súa caída sobre outra que o poida conter. De todos os xeitos, podes consultar aquí outras recomendacións moi útiles para cando se realizan traballos agrícolas ou forestais.

Para controlar a poboación da especie invasora, cómpre eliminar os niños, pero agarda un intre: Estás seguro de que se trata dunha avespa velutina?

Como podemos distinguir unha avespa invasora doutra autóctona?

  • Son algo máis grandes e de aspecto máis coloreado
  • Os tons vermellos e marelos das autóctonas contrastan cos máis escuros (marróns e negros) da velutina ou asiática
  • Os niños da invasora adoitan ter forma de pera e son de maior tamaño que os da autóctona
  • As invasoras entran ao niño por un pequeno buraco situado a media altura, mentres que as autóctonas o fan pola base e por unha abertura máis alongada​

Ademais, existen métodos sinxelos e moi económicos para previr a formación de enxames deste tipos de insectos, tanto se se trata de exemplares autóctonos, invasoras ou abellas. En concreto, cando se forman en cámaras de ventilación, bocas das chemineas ou mesmo nos ocos das persianas.

Pensa que acceder a un niño metido, por exemplo, nunha cámara de ventilación dun edificio pode pór en perigo a vida das especies protexidas, ademais de ocasionar un gasto importante para os veciños.

Instalar unha malla de aceiro inoxidable de tres milímetros de luz é barato e suficiente para evitar a formación de enxames en lugares de difícil acceso. As mallas deben colocarse nos catro costados da casa.

Chama ao número da Xunta de Galicia 012.