Xunto co inicio da súa Tempada de Música Clásica, Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon en marcha o programa «Quedamos no palco, quedamos coa clásica». Trátase dunha proposta que ten como obxectivo abrir as portas do Teatro Afundación de Vigo aos centros educativos de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato para que os seus estudantes poidan gozar de concertos de música clásica de balde. Os centros interesados en participar poden informarse a través do 986 120 078 ou no correo [email protected]
O programa arrincará o vindeio 9 de outubro cun concerto a cargo da Orquesta Sinfónica de Galicia con obras de Tchaikovsky e Beethoven. Continuará coa Orquestra de Cámara de San Petesburgo o 17 de outubro, a Real Filharmonía de Galicia o 30 de outubro e, finalmente, o último concerto será coa Orquestra Sinfónica de Galicia o 20 de decembro.
Noticias de última hora en Vigo