Queixa ante a Defensora do Pobo pola expulsión exprés do mozo paraguaio Fernando Daniel Vera

Por o 05/12/2016 | Sección: En Marea,Política,Vigo
Queixa ante a Defensora do Pobo pola expulsión exprés do mozo paraguaio Fernando Daniel Vera
Compartir en:

Os deputados de En Marea, por A Coruña, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, presentaron este luns unha queixa ante a Defensora do Pobo, Soledad Becerril, para que adopte todas as medidas necesarias, dentro das súas competencias, para coñecer o que aconteceu coa expulsión exprés do mozo paraguaio de 19 anos Fernando Daniel Vera, que estaba afincado desde os 5 anos en Santiago de Compostela.

Na queixa tamén participa a senadora Maribel Mora e a deputada navarra Ione Belarra, do grupo confederal Unidos Podemos-En Comú Podem- En Marea.

Fernando Daniel Vera foi deportado a Paraguai o pasado 26 de novembro despois de iniciarse en setembro un procedemento preferente de expulsión. O rapaz foi expulsado polo que se coñece como ‘expulsión exprés’, directamente desde a Comisaría.

O mozo, que tiña domicilio fixo en Galicia desde fai 14 anos, non tiña ningún vínculo familiar co seu país de orixe, Paraguai. A súa nai, que é a súa única familia, xunto co seu irmán, reside en Compostela e padece cancro.

Durante os últimos anos, ata cumprir a maioría de idade, viviu nun piso tutelado pola Xunta de Galicia, debido ás dificultades polas que atravesaba a súa familia, motivo polo que En Marea destaca que non hai explicación para que este menor alcanzase a maioría de idade sen papeis que regularizasen a súa situación no país.

“O feito de que, tan só un ano despois de abandoar as instalacións da Xunta, onde o seu permiso de residencia debería terse formalizado, fora detido e inmediatamente deportado, cuestiona profundamente a protección que se da a aqueles mozos inmigrantes que están baixo a tutela do Estado”, sinalan os deputados.

A queixa, rexistrada este luns nas oficinas da Defensora do Pobo en Madrid, non só pon sobre a mesa as irregularidades que se dan no caso que afecta a Fernando Daniel Vera e á súa familia, senón a todos os migrantes que durante os últimos anos foron deportados do noso país a partir da incoación de procedementos de expulsión de carácter preferente.

Segundo os datos dispoñibles do ano 2013, un total de 6.462 personas foron deportadas do Estado español a partir de procedementos similares, que única e exclusivamente, segundo a legalidade vixente, poden aplicarse ós que supoñan un risco para a seguridade e a orde pública ou ben carezan dun domicilio fixo.

No caso de Fernando Daniel Vera, o 22 de setembro iniciase un expediente de expulsión, ante o que o mozo presenta alegacións respecto ó seu arraigo familiar e social en Galicia.

A través do mesmo expediente, a Fernando Daniel ínstaselle a presentarse regularmente en Comisaría, cousa que fai periódicamente e sempre nos prazos fixados. Cando o 22 de novembro vai de novo ás instalacións do Corpo Nacional de Policía é detido, e catro días máis tarde, o 26 de novembro, é enviado nun voo en dirección Madrid, desde onde sairá até Paraguai, cunha orde de expulsión que non lle permite retornar a España durante os próximos 5 anos.

Todas as circunstancias que rodean a expulsión de Fernando Daniel platexan serias dúbidas. En primeiro lugar, o mozo pasa catro días internado en dependencias policiais, a pesar de que o prazo máximo fixado pola lei establece unha estancia máxima de 72 horas.

No caso de superar eses tres días de detención, debería existir autorización xudicial para o seu internamento. También debería garantizarse o acceso a un avogado que lle informara dos seus dereitos e exercera a súa defensa. Asistencia letrada que entendemos que debe garantizarse en todo caso á hora de executar unha orden de expulsión.

Por outra parte, e tendo en conta que Fernando Daniel reside en Galicia desde os 5 anos e ten domicilio coñecido, a única alternativa para que se lle aplicase o procedemento preferente sería o feito de que supuxera un perigo para a seguridade e a orde pública, algo que non sucede no caso que nos atinxe.

Ademais, o feito de expulsar a un mozo de 19 anos coa súa nai con cancro, podería ser constitutivo de “trato cruel”, tal e como reflexa o artigo 8 do Convenio Europeo para os Dereitos Humanos.

A Dirección Xeral da Policía aprobou a súa circular 6/2014 que establece que á hora de internar nun CIE a unha persoa hai que valorar as especiais circunstancias persoais ou situacións de vulnerabilidade específicas que concorren en cada caso. O que entendemos que debería ser extendido, máis se cabe, ó momento de materializar a execución dunha expulsión. Estas circunstancias entendemos que terían que ser valoradas no caso de este mozo, que por levar residindo prácticamente toda a súa vida en Galicia, carece de vínculos sociais e familiares no seu país de orixe.

Descargar (PDF, 446KB)