Esquerda unida manifesta a súa condena ante o asasinato machista que tivo lugar na Cabana de Bergantiños

Por o 20/08/2018 | Sección: Esquerda Unida,Galicia,Política
Esquerda unida manifesta a súa condena ante o asasinato machista que tivo lugar na Cabana de Bergantiños
Compartir en:

Dende Esquerda Unida, manifestan a sua repulsa e condena ao asasinato machista que tivo lugar en Cabana de Bergantiños.

“A lacra do machismo precisa de medidas reais que poñan solución a unha situación que a diario está a ser denunciada por mulleres que a sofren. Non é posible soportar un asasinato máis. Son 3 os feminicidios íntimos que tiveron lugar en Galicia no que vai de ano. A alerta vermella hai tempo que está activa e precisamos con urxencia políticas reais e efectivas para erradicar o machismo, en todas as súas facetas, das nosas vidas.

Dende Esquerda Unida, sumámonos e chamamos á participación nas mobilizacións previstas dende os colectivos feministas”.